




Co ánimo de chamar a atención e poñer en valor unha das modalidades menos coñecidas do Camiño Inglés, a modelo e presentadora Paloma Lago, xunto ao director de Equiocio, Federico Pérez Lago, subíronse ao cabalo para encabezar unha expedición que cubriría parte da primeira etapa da ruta xacobea. Unha iniciativa que dá continuidade ao proxecto …
Traballadores e directivas dalgunhas das entidades que integran Equiocio Social tomaron parte esta semana nunha sesión de sonoterapia impartida por Ana Pérez Lago. A directora de Equiocio amosou nesta actividade a súa faceta profesional como sonoterapeuta, a súa auténtica vocación, na que se iniciaba hai anos da man de Jacomina Kistemaker, investigadora, terapeuta e profesora …
A través da web da Federación Hípica Española, Equiocio vén de abrir o prazo de inscricións no Concurso Nacional de Saltos (CSN***) Cidade de Ferrol que, como ocorrera o pasado ano, será a única proba desta categoría programada no calendario de competición de Galicia en 2023. Celebrarase do 4 ao 6 de agosto no Campo …
Por segundo ano consecutivo, algunhas das preto de vinte asociacións do ámbito sociosanitario que integran Equiocio Social uníronse ao redor do Camiño Inglés, e completaron un treito da primeira etapa da ruta xacobea. Usuarios e usuarias, traballadores e traballadoras, directivas e voluntarios e voluntarias de Affinor, Afal Ferrolterra, Aspanaes ASCM, Saúde Mental Ferrol, Eume e …
Preto de medio centenar de persoas tomaban parte esta mañá no terceiro e último itinerario do programa «En Ruta con Equiocio 2023». Guiados pola Sociedade Cultural Columba, percorrían a franxa litoral comprendida entre as praias de San Xurxo e Doniños, achegándose ao asentamento castrexo costeiro máis grande de Ferrol. Un proxecto co que divulgar a …
Coa confianza de reeditar o éxito de participación dos itinerarios precedentes, Equiocio abre inscricións nunha nova proposta do programa “En Ruta con Equiocio”. A Ruta ao Castro de Lobadiz celebrarase o sábado 3 de xuño, con saída ás 10:30 horas das inmediacións do restaurante Casa Claudina, na praia de San Xurxo. Estará novamente guiada polo …





Co obxectivo de que a contorna natural das Cabazas luza como nunca do 3 ao 6 de agosto, Equiocio impulsou esta mañá, da man de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, un obradoiro práctico de viveirismo do que sairán as plantas ornamentais que adornarán este ano a contorna natural onde se celebra o certame hípico …
Equiocio inauguraba esta mañá o calendario do programa “En Ruta con Equiocio” co que, dende hai catro anos, busca dar a coñecer o territorio e promocionar hábitos saudables a través do exercicio físico. Un total de 72 persoas tomaban parte neste primeiro percorrido á mina de ouro de Covas. Entre eles, contouse coa presenza de …
Máis de 60 persoas tomarán parte mañá sábado, 29 de abril, no primeiro dos itinerarios propostos no marco de “En ruta con Equiocio”. O programa de sendeirismo, impulsado, un ano máis, pola organización do certame hípico e de lecer para pór en valor o litoral ferrolán, regresa cun percorrido que permitirá coñecer os vestixios da …