O xinete portugués Hugo Carvalho proclámase vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol

O xinete luso Hugo Carvalho, a lombos de “Nobel Style N”, coróase como campión do Gran Premio Cidade de Ferrol, a proba estrela do Concurso Nacional de Saltos tres estrelas que organiza Equiocio Ferrol. A proba, sobre unha altura de 1,40 m, resolveuse este mediodía sen necesidade de recorrer ao desempate. A voceira do goberno …

Vitoria para Hugo Carvalho na primeira proba grande de Equiocio Ferrol 2025

O portugués Hugo Carvalho, dúas veces gañador en Equiocio Ferrol, vencía, a lombos de “Nau N”, na primeira das probas grandes do Concurso Nacional de Salto*** Cidade de Ferrol. Disputábase ao mediodía a un baremo de dúas fases especiais e a unha altura de 1,35 metros. O xinete luso, un dos grandes favoritos da edición, …

Equiocio Ferrol volve con catro días de competición hípica e máis de 260 saídas diarias a pista

Conta atrás en marcha para o arranque de Equiocio Ferrol. A programación da 34 edición do certame ecuestre e de lecer, que hoxe se daba a coñecer oficialmente, vén cargada de novidades –a fundamental é que haberá un cuarto día de competición hípica- e cun compromiso reforzado por servir de escaparate a Ferrol e a …

O Concurso Nacional de Ponis completa a oferta hípica de Equiocio Ferrol 2025

A canteira da hípica española volverá ter espazo en Equiocio Ferrol 2025, que alcanza a súa 34 edición do 31 de xullo ao 3 de agosto.  A organización vén de activar as inscricións para a terceira e última competición ecuestre que se disputará no Campo das Cabazas: o Nacional de Ponis. Ata o 22 de …

Aberto o prazo para apuntarse nas probas territoriais de salto de Equiocio Ferrol 2025

Equiocio Ferrol activa as inscricións no Concurso de Salto Territorial (CST), que se disputará en Covas, complementando ao Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol. Como novidade, as probas territoriais adiantan un día o seu arranque, e desenvolveranse entre o xoves 31 de xullo e o domingo 3 de agosto. O Campo das Cabazas …

Equiocio Ferrol abre a inscrición para o Concurso Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol

Equiocio Ferrol abre o prazo de inscrición para o Concurso Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol. A competición principal do veterano certame ecuestre disputarase entre o 1 e o 3 de agosto en As Cabazas e aspira a reunir, coma sempre, aos mellores xinetes e amazonas de dentro e de fóra do país. …

Activada a inscrición no CSN*** Cidade de Ferrol e no resto das competicións hípicas de Equiocio Ferrol

Equiocio Ferrol activa as inscricións para a totalidade das competicións hípicas da súa próxima edición, que se celebrará en Covas, do 1 ao 4 de agosto. O prato forte volverá ser o Concurso de Saltos Nacional*** Cidade de Ferrol, pero refórzase tamén a competición de ponis. Así, o CSNP1 formará parte da Liga de Norte …