Equiocio Ferrol, Asociación Chelonia e Coca Cola impulsarán un ano máis unha acción formativa e de limpeza no Campo das Cabazas

Equiocio Ferrol, Asociación Chelonia e Coca-Cola, a través da súa iniciativa Mares Circulares, volven unir forzas, e tras a celebración do certame, impulsarán unha nova xornada formativa e de limpeza de residuos no Campo das Cabazas-Covas. Estará aberta á cidadanía, que deberá inscribirse previamente -e ata o 2 de agosto- a través do correo fplago@equiocio.es Con ela, búscase poñer en valor os terreos que, nos días previos, servirán de escenario ao certame hípico e de lecer familiar. Uns terreos propiedade da Comunidade de Montes veciñais de man común de Covas e Esmelle de extraordinario valor medio ambiental, obxecto de coidado e mimo durante todo o ano por parte de Equiocio Ferrol.

A xornada desenvolverase de 9:30 a 13:30 horas, e arrancará no local da AVV de Covas, onde a Asociación Chelonia impartirá a formación previa en materia medio ambiental a todas as persoas voluntarias que se anoten. A continuación, a acción trasladarase ao Campo das Cabazas para realizar a limpeza, cunha recollida selectiva dos residuos para a súa posterior xestión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *