Equiocio Ferrol reúne a preto de medio cento de persoas na nova edición da Volta ao Cabo

Equiocio Ferrol recuperaba este sábado o seu tradicional programa de sendeirismo, da man de José Manuel López Hermida, presidente da Sociedade Cultural Columba. A volta ao Cabo Prior reunía a preto de medio cento de camiñantes, entre os que se atopaban integrantes de distintas entidades sociosanitarias de Ferrolterra.

O bo tempo acompañou no percorrido, que permitiu aos participantes desfrutar de incribles vistas, observar as pedras zoomórficas y antropomorfas existentes nesta zona do litoral ferrolán, e coñecer os restos das antigas baterías militares.

Unha edición máis, a entrada aos antigos túneles de proxectores desde os que se iluminaba este tramo de costa con fins defensivos foi, sen dúbida, un de los momentos que máis curiosidade espertou do percorrido, que roldou os 10 km, e no que participaron usuarios e persoas socias de asociacións como Aspanaes, Asociación de xordos de Ferrolterra e Afal.

“En ruta con Equiocio”, iniciativa destinada a promocionar o patrimonio natural, xeolóxico e militar de Ferrol, activouse co apoio de, entre outros, o Concello de Ferrol, Turismo de Galicia, a Sociedade Mixta de Turismo de Galicia, ademais de Gadis e Cabreiroá, que colaboraron co avituallamento.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *