Equiocio Ferrol reivindica su “fórmula original” como motor de dinamización turístico de Ferrolterra

En marcha la edición 35 aniversario de Equiocio Ferrol. El certamen, que se desarrolla en el campo de As Cabazas (Covas) hasta el domingo, arrancó echando la vista atrás a los orígenes y poniendo en valor su evolución hasta convertirse en un referente en Galicia en el campo de la hípica y en auténtico motor …

Estreamos canle en YouTube para potenciar a proxección do certame

Coincidindo co seu 35 aniversario, Equiocio Ferrol lanza a súa nova canle de Youtube (https://www.youtube.com/@EquiocioFerrolTv). Un espazo na plataforma social de vídeos onde, ademais de estar dispoñibles entrevistas e clips sobre a competición hípica e o resto de actividades do certame, se emitirán en directo algunhas das probas máis potentes do Concurso Nacional de Salto*** …

Equiocio Ferrol, Coca-Cola e Asociación Chelonia impulsan unha xornada de limpeza nas Cabazas tras o certame

Co foco posto no día despois de Equiocio Ferrol, a organización do certame impulsa, un ano máis, en colaboración coa Asociación Chelonia e Coca-Cola, e no marco da iniciativa “Mares Circulares”, unha acción de sensibilización e recollida de residuos no Campo de As Cabazas. O obxectivo, borrar toda pegada da celebración do evento hípico e …

As entidades sociosanitarias de Equiocio Social unen forzas contra a “basuraleza”

Baixo o paraugas da iniciativa “1m2 contra a basuraleza” do proxecto Libera, que impulsan en toda España Ecoembes e SEO BirdLife, Equiocio Ferrol levaba a cabo unha recollida de residuos na desembocadura do río Xunto, na praia ferrolá de Esmelle. A acción, liderada polas entidades do ámbito sociosanitario que integran Equiocio Social, reuniu a persoas …

Gadis levará a Equiocio Ferrol os seus obradoiros de cociña creativa para a rapazada

Gadis e Equiocio Ferrol renovan o seu acordo de colaboración, e esta mañá, o presidente do comité organizdor do evento, Ricardo Pérez Lama, e o delegado en Ferrol e conselleiro da firma, José Carlos Díaz Arnau, estampaban a súa firma ao documento. Facíano en presenza da concelleira de Seguridade e Mobilidade de Ferrol, María del …

As entidades sociais que colaboran con Equiocio Ferrol realizan un percorrido guiado por Galicia Textil

A visita a Galicia Textil é xa toda unha tradición nas datas previas a Equiocio Ferrol. As entidades do ámbito sociosanitario integradas en Equiocio Social regresaban a unhas instalacións con moita historia en Xubia, no concello de Neda, onde eran recibidas polo director da factoría, Héctor González. Con el coñeceron o traballo que se realiza …

Reeditamos as sesións de sonoterapia para entidades sociais

Da man de Espazo Návitas, Equiocio Ferrol organizou a semana pasada unha nova sesión de sonoterapia dirixida a entidades do Terceiro Sector. Trátase dunha acción xa fixa no calendario previo ao evento cunha magnífica resposta por parte das persoas participantes. Neste caso, os usuarios e usuarias da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, entidade comprometida …

Equiocio Ferrol contribúe á promoción do territorio como destino surf

A programación previa ao certame de Equiocio Ferrol continuaba hai uns días na praia de Esmelle. Era o escenario elixido para levar a cabo unha nova edición dos seus bautismos de surf. Nos últimos anos, a actividade convertíase nun fixo do programa dada a excelente resposta que recibe por parte da cidadanía edición tras edición. …

“En ruta con Equiocio Ferrol” descubre o patrimonio da auga en Esmelle

Equiocio Ferrol celebraba esta mañá a ruta guiada polos muíños e o castro de Esmelle. A proposta era a gran novidade do veterano programa “En ruta con Equiocio Ferrol” que cada ano organiza o evento para dar a coñecer a contorna máis inmediata ao Campo das Cabazas, espazo que en Covas alberga o certame hípico …

Equiocio Ferrol abre a súa oferta de actividades previa ao certame coa tradicional ruta por Cabo Prior

Unha vintena de persoas participaban este sábado na primeiro dos dous itinerarios de sendeirismo de “En ruta con Equiocio Ferrol”. A inaugura a programación de actividades previa á edición 35 aniversario do certame de hípico e de lecer familiar, que terá lugar no campo das Cabazas, do 6 ao 9 de agosto. Interese paisaxístico, histórico …