Reeditamos as sesións de sonoterapia para entidades sociais

Da man de Espazo Návitas, Equiocio Ferrol organizou a semana pasada unha nova sesión de sonoterapia dirixida a entidades do Terceiro Sector. Trátase dunha acción xa fixa no calendario previo ao evento cunha magnífica resposta por parte das persoas participantes. Neste caso, os usuarios e usuarias da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, entidade comprometida e envorcada con Equiocio Social. A profesional en terapia de son e directora de Equiocio Ferrol, Ana Pérez Lago, foi a encargada de guiar a sesión, a modo de adianto do que viviremos do 6 ao 9 de agosto en Equiocio Ferrol, onde a sonoterapia ocupará de novo un lugar en grao sumo salientable.


Nesta ocasión, recorreu aos cuncos tibetanos e gongs para crear os sons e vibracións cos que liberar bloqueos físicos e reducir a tensión de forma profunda, contribuíndo así a manexar mellor as emocións no día a día.


Os tons harmónicos e as vibracións levaron rapidamente aos socios e socias de AXF a un estado de calma mental e equilibrio, mellorando o seu benestar, fin último da sesión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *