Co foco posto no día despois de Equiocio Ferrol, a organización do certame impulsa, un ano máis, en colaboración coa Asociación Chelonia e Coca-Cola, e no marco da iniciativa “Mares Circulares”, unha acción de sensibilización e recollida de residuos no Campo de As Cabazas. O obxectivo, borrar toda pegada da celebración do evento hípico e de lecer familiar no espazo natural que lle serve de escenario. A xornada de limpeza, para a que está aberto o prazo de inscrición, terá lugar o xoves 13 de agosto.
A iniciativa constará, como en edicións anteriores, dunha charla, destinada a dar a coñecer as funcións dos océanos e a crear conciencia na sociedade acerca da necesidade de reducir o impacto humano no medio acuático (piares do proxecto “Mares Circulares”) e dunha xornada do voluntariado ambiental.
Co obxectivo de chegar ao máximo de xente posible, nesta ocasión, a sesión divulgativa, impartida por Antonio Castro, director de proxectos da Asociación Chelonia, terá lugar durante a celebración de Equiocio. A proposta, aberta ao conxunto de visitantes, está programada para o xoves 6 de agosto, a partir das 16.30 horas, no Espazo de Equiocio Social- Sonoterapia.
Mentres, a xornada de voluntariado está prevista para o xoves da próxima semana, manténdose o prazo de inscrición aberto ata o luns 10 de agosto. Para participar haberá que anotarse a través deste formulario en liña.
A sesión de limpeza desenvolverase o día 13, de 10:30 a 13:00 horas e nela os participantes terán que detectar, retirar, e clasificar os distintos residuos que se atopen na contorna da pista de competición de As Cabazas para a súa posterior xestión. Máis aló da acción puntual, que permitiu no 2025 retirar 320 kg de residuos, trátase de concienciar ás persoas participantes sobre a necesidade de promover cambios e innovacións no modelo produtivo, de consumo e de xestión de residuos coa vista posta na urxente transición cara a un modelo de economía circular.
Mares Circulares
Mares Circulares é o programa máis ambicioso de Coca-Cola, desenvolvido en España e Portugal, para a limpeza de costas e fondos mariños, a sensibilización da cidadanía e o fomento da economía circular a través do apoio de solucións e tecnoloxías innovadoras que loitan contra o problema do lixo mariño. Coca-Cola dá así un paso máis nos seus esforzos por contribuír á conservación do planeta e no seu compromiso de recoller e reciclar o equivalente ao 100% dos envases que comercializa.


Queria inscribirne para la limpieza
Debes curbrir el formulario de inscripción el siguiente formulario de inscripción https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd84oWhIUBVEp0vCiEv0mKxruDPQhzzQ79VBcLwoiaFdd4ngA/viewform?pli=1