Equiocio Ferrol, Coca-Cola e Asociación Chelonia impulsan unha xornada de limpeza nas Cabazas tras o certame

Co foco posto no día despois de Equiocio Ferrol, a organización do certame impulsa, un ano máis, en colaboración coa Asociación Chelonia e Coca-Cola, e no marco da iniciativa “Mares Circulares”, unha acción de sensibilización e recollida de residuos no Campo de As Cabazas. O obxectivo, borrar toda pegada da celebración do evento hípico e …

Reeditamos na xornada inaugural o “Festival de mascotas”

Volve un clásico. Na 35 edición de Equiocio Ferrol, que se celebrará do 6 ao 9 de agosto no campo das Cabazas, en Covas, non podía faltar o Festival de Mascotas. Trátase dunha iniciativa imprescindible na xornada de arranque do certame hípico e de lecer, que busca pór en valor o coidado dos animais de …

As entidades sociosanitarias de Equiocio Social unen forzas contra a “basuraleza”

Baixo o paraugas da iniciativa “1m2 contra a basuraleza” do proxecto Libera, que impulsan en toda España Ecoembes e SEO BirdLife, Equiocio Ferrol levaba a cabo unha recollida de residuos na desembocadura do río Xunto, na praia ferrolá de Esmelle. A acción, liderada polas entidades do ámbito sociosanitario que integran Equiocio Social, reuniu a persoas …

Equiocio Ferrol explorará la conexión entre naturaleza y pintura de la mano de Arte BCen

Equiocio Ferrol se transformará en una galería de arte al aire libre. Una iniciativa de nuevo cuño, destinada a enriquecer el aspecto cultural del certamen, que se desarrollará en el campo de As Cabazas, en Covas del 6 al 9 de agosto. Arte BCen, con su pintura enraizada en la naturaleza y los sueños, será …

Equiocio Ferrol contribúe á promoción do territorio como destino surf

A programación previa ao certame de Equiocio Ferrol continuaba hai uns días na praia de Esmelle. Era o escenario elixido para levar a cabo unha nova edición dos seus bautismos de surf. Nos últimos anos, a actividade convertíase nun fixo do programa dada a excelente resposta que recibe por parte da cidadanía edición tras edición. …

“En ruta con Equiocio Ferrol” descubre o patrimonio da auga en Esmelle

Equiocio Ferrol celebraba esta mañá a ruta guiada polos muíños e o castro de Esmelle. A proposta era a gran novidade do veterano programa “En ruta con Equiocio Ferrol” que cada ano organiza o evento para dar a coñecer a contorna máis inmediata ao Campo das Cabazas, espazo que en Covas alberga o certame hípico …

Equiocio Ferrol presenta o cartel oficial do seu 35 aniversario

Xa hai cartel oficial. Equiocio Ferrol lanzaba esta tarde nas súas redes sociais a imaxe coa que promocionará a súa próxima edición, que terá lugar no Campo das Cabazas (Covas) do 6 ao 9 de agosto. A obra da ilustradora Carola Bouza, xunto ao novo logotipo, actualiza a imaxe do certame hípico e de lecer, …

Abrimos inscricións para a ruta polos muíños e o castro de Esmelle

Equiocio Ferrol abre inscricións na ruta guiada polos muíños e o castro de Esmelle. Trátase do segundo e último percorrido do programa “En ruta con Equiocio Ferrol”, e celebrarase o vindeiro sábado 4 de xullo, con saída ás 10:00 horas do local social. Nesta ocasión, o itinerario estará guiado por Paulino Gasalla, vicepresidente da Asociación …

Equiocio Ferrol ofrece a oportunidade de probar a experiencia do surf con dez bautismos gratuítos

Equiocio Ferrol volve mirar ao mar na súa programación de lecer previa ao certame. A organización do evento hípico e de lecer ofrecerá un ano máis a posibilidade de iniciarse no surf, cunha xornada de “bautismos” gratuítos, aberta a persoas de calquera idade que queiran sumarse. A iniciativa, destinada a promocionar a Costa das Ondas, …

Equiocio Ferrol abre a súa oferta de actividades previa ao certame coa tradicional ruta por Cabo Prior

Unha vintena de persoas participaban este sábado na primeiro dos dous itinerarios de sendeirismo de “En ruta con Equiocio Ferrol”. A inaugura a programación de actividades previa á edición 35 aniversario do certame de hípico e de lecer familiar, que terá lugar no campo das Cabazas, do 6 ao 9 de agosto. Interese paisaxístico, histórico …