Equiocio Ferrol abre a súa oferta de actividades previa ao certame coa tradicional ruta por Cabo Prior

Unha vintena de persoas participaban este sábado na primeiro dos dous itinerarios de sendeirismo de “En ruta con Equiocio Ferrol”. A inaugura a programación de actividades previa á edición 35 aniversario do certame de hípico e de lecer familiar, que terá lugar no campo das Cabazas, do 6 ao 9 de agosto.

Interese paisaxístico, histórico e xeolóxico xúntanse na “ruta dos xigantes na Volta ao Cabo”, que busca pór en valor a franxa costeira da parroquia ferrolá de Covas.

Os camiñantes, con José Manuel López Hermida, presidente da Asociación Columba, á cabeza, partían a primeira hora da mañá do faro de Cabo Prior para percorrer un tramo litoral de especial beleza, que garda ademais pegadas do pasado militar.

Así, no itinerario ademais de desfrutar da vista únicas, e de descubrir algunhas das rochas zoomorfas e antropomórficas existentes na zona, os participantes tiveron ocasión de coñecer os restos das baterías militares e os túneles de proxectores dende os que se iluminaba a costa para detectar posibles inimigos.

“En ruta con Equiocio Ferrol”, como vén ocorrendo nos últimos anos, contou coa participación de distintas entidades sociosanitarias de Ferrolterra que colaboran habitualmente con Equiocio Ferrol. Desta volta, Aspanaes, Asotrame e Adope sumábanse ao programa de sendeirismo que, somo subliña a directora do certame, Ana Pérez Lago, busca divulgar a riqueza natural da contorna onde se desenvolve o evento. A próxima saída está prevista para o 4 de xullo e percorrerá terras de Esmelle.

Equiocio Ferrol volverá contar neste 2026 co Concello de Ferrol, a Deputación provincial da Coruña e a Xunta de Galicia, así como Gadis e Estrella Galicia como patrocinadores principais, e colaboracións como as de Integral motion e, ao como proposta vencellada á difusión e preservación do patrimonio natural, tamén de Sogama.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *