Inscricións abertas para as distintas probas do Concurso de salto territorial de Equiocio Ferrol

Equiocio Ferrol mantén aberto o período de inscricións do seu Concurso de salto territorial (CST), que se desenvolverá no campo das Cabazas, en Covas, complementando ao Concurso Nacional tres estrelas Cidade de Ferrol. A competición disputarase entre o xoves 6 e o domingo 9 de agosto. E, como novidade, algunhas das súas probas permitirán sumar …

Abertas ata o 28 de xullo as inscricións para o 35 CSN*** Cidade de Ferrol

Xa está aberto o prazo para apuntarse ao 35 Concurso Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol. A competición principal de Equiocio Ferrol disputarase entre o 7 e o 9 de agosto nas Cabazas (Covas) -na xornada anterior desenvolveranse probas territoriais- e convocará aos mellores xinetes e amazonas de dentro e de fóra do …

Equiocio Ferrol contribúe á promoción do territorio como destino surf

A programación previa ao certame de Equiocio Ferrol continuaba hai uns días na praia de Esmelle. Era o escenario elixido para levar a cabo unha nova edición dos seus bautismos de surf. Nos últimos anos, a actividade convertíase nun fixo do programa dada a excelente resposta que recibe por parte da cidadanía edición tras edición. …

“En ruta con Equiocio Ferrol” descubre o patrimonio da auga en Esmelle

Equiocio Ferrol celebraba esta mañá a ruta guiada polos muíños e o castro de Esmelle. A proposta era a gran novidade do veterano programa “En ruta con Equiocio Ferrol” que cada ano organiza o evento para dar a coñecer a contorna máis inmediata ao Campo das Cabazas, espazo que en Covas alberga o certame hípico …

Equiocio Ferrol ofrece a oportunidade de probar a experiencia do surf con dez bautismos gratuítos

Equiocio Ferrol volve mirar ao mar na súa programación de lecer previa ao certame. A organización do evento hípico e de lecer ofrecerá un ano máis a posibilidade de iniciarse no surf, cunha xornada de “bautismos” gratuítos, aberta a persoas de calquera idade que queiran sumarse. A iniciativa, destinada a promocionar a Costa das Ondas, …

Equiocio Ferrol abre a súa oferta de actividades previa ao certame coa tradicional ruta por Cabo Prior

Unha vintena de persoas participaban este sábado na primeiro dos dous itinerarios de sendeirismo de “En ruta con Equiocio Ferrol”. A inaugura a programación de actividades previa á edición 35 aniversario do certame de hípico e de lecer familiar, que terá lugar no campo das Cabazas, do 6 ao 9 de agosto. Interese paisaxístico, histórico …

O xinete portugués Hugo Carvalho proclámase vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol

O xinete luso Hugo Carvalho, a lombos de “Nobel Style N”, coróase como campión do Gran Premio Cidade de Ferrol, a proba estrela do Concurso Nacional de Saltos tres estrelas que organiza Equiocio Ferrol. A proba, sobre unha altura de 1,40 m, resolveuse este mediodía sen necesidade de recorrer ao desempate. A voceira do goberno …

Vitoria para Hugo Carvalho na primeira proba grande de Equiocio Ferrol 2025

O portugués Hugo Carvalho, dúas veces gañador en Equiocio Ferrol, vencía, a lombos de “Nau N”, na primeira das probas grandes do Concurso Nacional de Salto*** Cidade de Ferrol. Disputábase ao mediodía a un baremo de dúas fases especiais e a unha altura de 1,35 metros. O xinete luso, un dos grandes favoritos da edición, …