Equiocio colle ton de cara ao CSN*** Cidade de Ferrol

Comeza o espectáculo en Equiocio Ferrol. As primeiras probas do Concurso Territorial de Salto (CST) convértense nesta primeira xornada de competición -inédita ata a presente edición- no anticipo do que está por chegar. A partir deste venres, arranca en Covas a 34 edición do Concurso Nacional de Salto *** Cidade de Ferrol, que marca a …

As noites de concertos regresarán a Equiocio Ferrol con Edu Calvario e Malditos Pendejos

A oferta de lecer de Equiocio Ferrol, que se celebra do 31 de xullo ao 3 de agosto, incorpora, un ano máis, concertos nos seus días fortes. A organización aposta por estirar a actividade no Campo das Cabazas ata preto da media noite da man de bandas galegas. O cantante Edu Calvario e os xa …

Equiocio Ferrol volve con catro días de competición hípica e máis de 260 saídas diarias a pista

Conta atrás en marcha para o arranque de Equiocio Ferrol. A programación da 34 edición do certame ecuestre e de lecer, que hoxe se daba a coñecer oficialmente, vén cargada de novidades –a fundamental é que haberá un cuarto día de competición hípica- e cun compromiso reforzado por servir de escaparate a Ferrol e a …

Dez firmas participarán na terceira edición do EcoMarket en Equiocio Ferrol

Equiocio Ferrol reservará este ano un espazo destacado para o III EcoMarket. Do xoves 31 de xullo ao domingo 3 de agosto, reunirá a unha decena de firmas de moi variados sectores pero idéntica filosofía, a súa aposta pola sostibilidade nos seus procesos de elaboración, distribución e venda. Cunha presenza maioritaria de marcas da zona, …

Equiocio Ferrol promove bautismos de surf de balde para nenos e maiores da man da escola de Luis Rodríguez

Equiocio Ferrol convida a nenos e maiores a iniciarse na práctica do surf da man de Luis Rodríguez, un dos grandes referentes deste deporte en Galicia. LR Surf School, a escola do subcampión do mundo (ISA World Cup), campión de Europa (EUROSURF) e varias veces campión de España, será a encargada este ano de guiar …

O Concurso Nacional de Ponis completa a oferta hípica de Equiocio Ferrol 2025

A canteira da hípica española volverá ter espazo en Equiocio Ferrol 2025, que alcanza a súa 34 edición do 31 de xullo ao 3 de agosto.  A organización vén de activar as inscricións para a terceira e última competición ecuestre que se disputará no Campo das Cabazas: o Nacional de Ponis. Ata o 22 de …

Volve “En ruta con Equiocio Ferrol” con tres itinerarios de sendeirismo por Covas

Equiocio Ferrol, que volverá ao Campo das Cabazas do 31 de xullo ao 3 de agosto, recupera nas vindeiras semanas unha das propostas con máis éxito da súa programación previa. O programa de sendeirismo “En ruta con Equiocio Ferrol” incluirá este ano tres itinerarios guiados gratuítos, destinados a poñer en valor o patrimonio natural e …

Equiocio Ferrol regresa do 31 de xullo ao 3 de agosto cun calendario de competición ampliado

Ferrol volverá converterse en epicentro da hípica nacional coa celebración dunha nova edición de Equiocio, a XXXIV xa. E esta mañá, a directora do certame, Ana Pérez Lago, adiantaba as datas para este 2025. Equiocio Ferrol regresará ao Campo das Cabazas, en Covas, do xoves 31 de xullo ao domingo 3 de agosto. E farao, …