González Fraga gañou as dúas grandes probas da primeira xornada de competición

Javier González Fraga foi o gran protagonista da primeira xornada de Equiocio, xa que se impuxo nas dúas probas grandes. Primeiro fíxoo no Trofeo Dirección Xeral de Gandaría e Agricultura, sobre unha altura de 1.30, montando a Cholita JGF, e pechou o día impoñéndose na proba grande, sobre 1.35 metros, Trofeo Reganosa, a lombos de …

Equiocio arranca este xoves cunha xornada protagonizada polos nenos e as mascotas

En marcha os últimos preparativos en Covas (Ferrol) para o arranque este xoves de Equiocio 2022. Tras dous anos marcados pola covid, o certame de hípica e de lecer prepárase para vivir do 4 ao 7 de agosto unha edición sen restricións, cunha aposta clara por reforzar a súa vertente de ocio e as súas …

Equiocio reeditará a Ruta de BTT ao atardecer por Covas e Esmelle

A promoción do exercicio físico e da contorna natural de Ferrol volverán a ser unha tónica na edición deste ano de Equiocio, que se celebrará do 4 ao 7 de agosto no Campo das Cabazas-Covas. Así, o certame reeditará a Ruta de BTT ao atardecer da man do Centro BTT Valle de Esmelle e Ciclos …