Javier González Fraga foi o gran protagonista da primeira xornada de Equiocio, xa que se impuxo nas dúas probas grandes. Primeiro fíxoo no Trofeo Dirección Xeral de Gandaría e Agricultura, sobre unha altura de 1.30, montando a Cholita JGF, e pechou o día impoñéndose na proba grande, sobre 1.35 metros, Trofeo Reganosa, a lombos de Bubalú. Ademais, foi terceiro con outras monturas en ambas as probas.
A xornada comezou coas competicións de ponis na pista principal, mentres que na auxiliar celebráronse as probas de 0.50, con 20 gañadores ex aequo, mentres que en 0.80 metros impúxose Antía Soto, montando a Duna.
Pola súa banda nos ponis Á vitoria recaeu en Rafa Pérez, a lombos de Yoguie, mentres que en ponis B a vencedora foi Candela Tardío, con Campolaverdad Dito e en B2 gañou Msaena Rosseau, con Bruint.
En ponis C, a mellor foi Candela Suárez, sobre Quezac du Gevaudan, e terminaron os ponis co triunfo, en C2, de Iván larín, montando a Sam du Halag.
Na competición sobre 1,00 metro, a vitoria adxudicoulla Lola Nieto, con Molin van Overist, mentres que en 1.10 metros, a mellor foi Paula López, con Alpacino Z.
Por último, en 1.20, Silvia Díaz mostrouse superior aos seus rivais, ao acabar co mellor tempo a lombos de Vivaldi du Semilly.
Mañá, a competición empezará ás dez da mañá, volvendo verse máis de trescentas saídas a pista na segunda xornada de Equiocio.
Equiocio conta co respaldo como principais patrocinadores do Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Estrella Galicia e Gadis.