Arrancou o Concurso nacional de ponis de Equiocio Ferrol cunha trintena de participantes

Equiocio Ferrol acollía esta mañá o arranque do Concurso Nacional de Salto para Ponis (CNSP1). Desta volta, o certame inclúe probas en media ducia de categorías e ata unha trintena de deportistas chegados de toda Galicia. A competición é valedoira para a Copa de Campeones. Tras unha xornada inicial centrada nas probas territoriais, que serviron …

Estreamos canle en YouTube para potenciar a proxección do certame

Coincidindo co seu 35 aniversario, Equiocio Ferrol lanza a súa nova canle de Youtube (https://www.youtube.com/@EquiocioFerrolTv). Un espazo na plataforma social de vídeos onde, ademais de estar dispoñibles entrevistas e clips sobre a competición hípica e o resto de actividades do certame, se emitirán en directo algunhas das probas máis potentes do Concurso Nacional de Salto*** …

As amazonas e xinetes máis novos protagonizan o Nacional de ponis

A canteira da hípica tanto galega como do resto de España terá como sempre espazo privilexiado na edición 35 aniversario de Equiocio Ferrol. A organización manterá abertas ata o próximo martes 28 de xullo as inscricións para a terceira e última competición ecuestre que se disputará no Campo das Cabazas: o Concurso nacional de salto …

Inscricións abertas para as distintas probas do Concurso de salto territorial de Equiocio Ferrol

Equiocio Ferrol mantén aberto o período de inscricións do seu Concurso de salto territorial (CST), que se desenvolverá no campo das Cabazas, en Covas, complementando ao Concurso Nacional tres estrelas Cidade de Ferrol. A competición disputarase entre o xoves 6 e o domingo 9 de agosto. E, como novidade, algunhas das súas probas permitirán sumar …

Abertas ata o 28 de xullo as inscricións para o 35 CSN*** Cidade de Ferrol

Xa está aberto o prazo para apuntarse ao 35 Concurso Nacional de Salto tres estrelas Cidade de Ferrol. A competición principal de Equiocio Ferrol disputarase entre o 7 e o 9 de agosto nas Cabazas (Covas) -na xornada anterior desenvolveranse probas territoriais- e convocará aos mellores xinetes e amazonas de dentro e de fóra do …

O xinete portugués Hugo Carvalho proclámase vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol

O xinete luso Hugo Carvalho, a lombos de “Nobel Style N”, coróase como campión do Gran Premio Cidade de Ferrol, a proba estrela do Concurso Nacional de Saltos tres estrelas que organiza Equiocio Ferrol. A proba, sobre unha altura de 1,40 m, resolveuse este mediodía sen necesidade de recorrer ao desempate. A voceira do goberno …

Vitoria para Hugo Carvalho na primeira proba grande de Equiocio Ferrol 2025

O portugués Hugo Carvalho, dúas veces gañador en Equiocio Ferrol, vencía, a lombos de “Nau N”, na primeira das probas grandes do Concurso Nacional de Salto*** Cidade de Ferrol. Disputábase ao mediodía a un baremo de dúas fases especiais e a unha altura de 1,35 metros. O xinete luso, un dos grandes favoritos da edición, …