Estreamos canle en YouTube para potenciar a proxección do certame

Coincidindo co seu 35 aniversario, Equiocio Ferrol lanza a súa nova canle de Youtube (https://www.youtube.com/@EquiocioFerrolTv). Un espazo na plataforma social de vídeos onde, ademais de estar dispoñibles entrevistas e clips sobre a competición hípica e o resto de actividades do certame, se emitirán en directo algunhas das probas máis potentes do Concurso Nacional de Salto*** Cidade de Ferrol.

Neste ano especial, a organización aposta por ampliar as ferramentas propias de promoción, buscando redobrar a proxección do evento deportivo e de lecer familiar e alcanzar a novos públicos a través da rede.

Neste sentido, a nova canle en Youtube achegará diferentes contidos visuais que permitirán ofrecer unha visión global do evento, así como entrevistas exclusivas e momentos de especial interese da competición. Ademais, contará co valor engadido de posibilitar o seguimento de varias das probas do concurso nacional.

Así, os amantes do deporte ecuestre poderán seguir o domingo ao mediodía a retransmisión en directo do Gran Premio Cidade de Ferrol, proba raíña do CSN***, así como unha das probas programadas para a tarde do sábado. 

Dende a organización, convídase se a afeccionados e público en xeral a visitar Equiocio Ferrol TV e subscribirse á nova canle. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *