




O tempo axudou, e Equiocio Ferrol 2023 arrincou cunha animada tarde de lecer familiar. Unha primeira toma de contacto coa programación do evento, que foi toda unha declaración de intencións. Cobran protagonismo as actividades sostibles, consolídase a oferta de deporte na natureza e ponse o acento no benestar animal. A inauguración oficial, a cargo do …
No Campo das Cabazas, en Covas, apúranse, os preparativos para o inicio este xoves da 32 edición de Equiocio Ferrol. O certame hípico e de lecer, arrincará, como vén sendo habitual, cunha tarde de actividades para toda a familia en contacto coa natureza. Unha aposta por mostrar o enfoque claramente multidisciplinar do evento. Na xornada …
Equiocio reafirma a súa aposta pola promoción da contorna de Covas e Esmelle como escenario para a práctica deportiva en contacto coa natureza. E así, un ano máis, deixa oco na súa programación á BTT, cunha dobre cita xa tradicional: a xincana infantil e a ruta cicloturística ao atardecer. A organización abre a inscrición para …
Co ánimo de chamar a atención e poñer en valor unha das modalidades menos coñecidas do Camiño Inglés, a modelo e presentadora Paloma Lago, xunto ao director de Equiocio, Federico Pérez Lago, subíronse ao cabalo para encabezar unha expedición que cubriría parte da primeira etapa da ruta xacobea. Unha iniciativa que dá continuidade ao proxecto …
Por segundo ano consecutivo, algunhas das preto de vinte asociacións do ámbito sociosanitario que integran Equiocio Social uníronse ao redor do Camiño Inglés, e completaron un treito da primeira etapa da ruta xacobea. Usuarios e usuarias, traballadores e traballadoras, directivas e voluntarios e voluntarias de Affinor, Afal Ferrolterra, Aspanaes ASCM, Saúde Mental Ferrol, Eume e …
Preto de medio centenar de persoas tomaban parte esta mañá no terceiro e último itinerario do programa «En Ruta con Equiocio 2023». Guiados pola Sociedade Cultural Columba, percorrían a franxa litoral comprendida entre as praias de San Xurxo e Doniños, achegándose ao asentamento castrexo costeiro máis grande de Ferrol. Un proxecto co que divulgar a …
Coa confianza de reeditar o éxito de participación dos itinerarios precedentes, Equiocio abre inscricións nunha nova proposta do programa “En Ruta con Equiocio”. A Ruta ao Castro de Lobadiz celebrarase o sábado 3 de xuño, con saída ás 10:30 horas das inmediacións do restaurante Casa Claudina, na praia de San Xurxo. Estará novamente guiada polo …
Equiocio inauguraba esta mañá o calendario do programa “En Ruta con Equiocio” co que, dende hai catro anos, busca dar a coñecer o territorio e promocionar hábitos saudables a través do exercicio físico. Un total de 72 persoas tomaban parte neste primeiro percorrido á mina de ouro de Covas. Entre eles, contouse coa presenza de …
Máis de 60 persoas tomarán parte mañá sábado, 29 de abril, no primeiro dos itinerarios propostos no marco de “En ruta con Equiocio”. O programa de sendeirismo, impulsado, un ano máis, pola organización do certame hípico e de lecer para pór en valor o litoral ferrolán, regresa cun percorrido que permitirá coñecer os vestixios da …