Equiocio Ferrol convida a descubrir a flora da contorna máis inmediata ao Campo das Cabazas a través dunha ruta guiada

Baixo o lema “Custodiando o entorno”, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e a Sociedade Galega de Historia Natural organizarán unha saída medio ambiental pola contorna máis próxima ao Campo das Cabazas para descubrir a flora deste espazo natural, que conta con varias poboacións de camariñas, unha planta arbustiva que a entidade ecolóxica ten solicitado que se inclúa no catálogo de especies ameazadas. O percorrido celebrarase o sábado 3 de agosto a partir das 10:30 h, e inclúese na programación Equiocio Ferrol 2024. Estará aberto á cidadanía, que deberá presentarse no stand reservado ás entidades sociais 15 minutos antes do inicio.

A actividade estará guiada por Cristina Cagiao, mestra de horticultura de Saúde Mental e colaboradora habitual nas plantacións que Equiocio Ferrol leva a cabo durante todo o ano, e por Xan Rodríguez Silvar, delegado da Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol, entidade tamén moi implicada no certame, e que este ano volverá traer a Equiocio Ferrol a exposición sobre o Campo das Cabazas.

O percorrido proposto coincidirá coa ruta acondicionada e sinalizada por Equiocio Ferrol hai uns anos, e que parte do xardín botánico sito nas inmediacións da pista central onde se disputa a competición hípica. Avanza cara o humidal coñecido como rego de Soagraña, e adéntrase na zona de dunas vexetadas e a área de repoboación forestal. Un itinerario co que descubrir os aspectos máis chamativos da flora deste espazo de extraordinario valor medio ambiental.

A acción forma parte del calendario de Equiocio Ferrol, evento que se celebrará del 1 al 4 de agosto con el apoyo del Concello de Ferrol, Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña y grandes firmas como Gadis y Estrella Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *