As entidades sociosanitarias de Equiocio Social unen forzas contra a “basuraleza”

Baixo o paraugas da iniciativa “1m2 contra a basuraleza” do proxecto Libera, que impulsan en toda España Ecoembes e SEO BirdLife, Equiocio Ferrol levaba a cabo unha recollida de residuos na desembocadura do río Xunto, na praia ferrolá de Esmelle. A acción, liderada polas entidades do ámbito sociosanitario que integran Equiocio Social, reuniu a persoas voluntarias, traballadoras, directivas e usuarias de ASCM, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, Adope, Patronato Concepción Arenal e Návitas.

Con esta iniciativa, Equiocio Ferrol reafirma a súa aposta pola sostibilidade e contribúe á protección dunha zona natural de especial relevancia, situada na contorna máis inmediata ao campo das Cabazas que, do 6 ao 9 de agosto, acollerá de novo o evento. Deste xeito, e co impulso de Ecoembes, Equiocio Ferrol pon o foco de atención sobre a contaminación ambiental e o traballo colaborativo para poñerlle remedio.

Equiocio Ferrol conta neste 2026 como patrocinadores principais con Xunta de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Estrella Galicia, Gadis e Integral Motion, así como colaboradores como Sogama, ou a Comunidade de montes veciñais en man común Covas–Esmelle.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *