Equiocio Ferrol difunde a cultura mariñeira entre os máis pequenos da casa cos seus talleres Peixiños na Pescadería de Ucha

Co ánimo de divulgar e poñer en valor a nosa cultura mariñeira entre os máis pequenos e pequenas da casa, Equiocio Ferrol levaba a cabo esta mañá os obradoiros de lecer didáctico “Peixiños” na Pescadería de Ucha, na cidade naval. Guiados por Espacio Vivo, nos mesmos participaban nenos e nenas de entre 6 e 12 …

Equiocio Ferrol, Asociación Chelonia e Coca Cola impulsarán un ano máis unha acción formativa e de limpeza no Campo das Cabazas

Equiocio Ferrol, Asociación Chelonia e Coca-Cola, a través da súa iniciativa Mares Circulares, volven unir forzas, e tras a celebración do certame, impulsarán unha nova xornada formativa e de limpeza de residuos no Campo das Cabazas-Covas. Estará aberta á cidadanía, que deberá inscribirse previamente -e ata o 2 de agosto- a través do correo fplago@equiocio.es …

Equiocio Ferrol promocionará as citas culturais e agrupacións musicais senlleiras da cidade

Equiocio Ferrol volve poñerse na súa 33 edición, que se celebra do 1 ao 4 de agosto, en Covas, ao servizo da marca Ferrol. O certame contribuirá á promoción de eventos que poñen no mapa á cidade, así como de agrupacións musicais emblemáticas. Ademais de ter un espazo reservado para a exposición, varias agrupacións senlleiras …

Equiocio Ferrol volverá contar con obradoiros de cerámica gratuítos de La Barroteka

A programación do Ecomarket, o mercado de marcas sostibles e de proximidade de Equiocio Ferrol (Covas, do 1 ao 4 de agosto), completarase por segundo ano con distintos obradoiros. Propostas sobre reciclaxe, reutilización e outras de corte creativo como as que porá en marcha o estudio cerámico La Barroteka. Uns obradoiros gratuítos, que tiveron unha …

Gadis convidará a nenos e a maiores a iniciar o seu propio horto en Equiocio Ferrol

Da man de Gadis, nenos e maiores poderán iniciarse no mundo da agricultura creando o seu propio horto en Equiocio Ferrol. A firma patrocinará este ano unha ampla programación de talleres medio ambientais nos que os novos e non tan novos aprenderán técnicas de cultivo e familiarizaranse con conceptos como sustibilidade e alimentación saudable. Así …

Equiocio Ferrol convoca o Festival de mascotas para destacar a aportación dos animais ao fogar

Equiocio Ferrol abrirase o xoves 1 de agosto, cunha tarde de lecer familiar. Unha oferta na que non pode faltar todo un clásico do certame: o festival de mascotas. A proposta reivindica a aportación dos animais de compañía, que teñen a consideración de membros da familia, á convivencia nos fogares. Patrocinado por Hill´s, o festival …

Activada a inscrición no CSN*** Cidade de Ferrol e no resto das competicións hípicas de Equiocio Ferrol

Equiocio Ferrol activa as inscricións para a totalidade das competicións hípicas da súa próxima edición, que se celebrará en Covas, do 1 ao 4 de agosto. O prato forte volverá ser o Concurso de Saltos Nacional*** Cidade de Ferrol, pero refórzase tamén a competición de ponis. Así, o CSNP1 formará parte da Liga de Norte …

Equiocio Ferrol reúne a preto de medio cento de persoas na nova edición da Volta ao Cabo

Equiocio Ferrol recuperaba este sábado o seu tradicional programa de sendeirismo, da man de José Manuel López Hermida, presidente da Sociedade Cultural Columba. A volta ao Cabo Prior reunía a preto de medio cento de camiñantes, entre os que se atopaban integrantes de distintas entidades sociosanitarias de Ferrolterra. O bo tempo acompañou no percorrido, que …

Equiocio Ferrol e Columba convidan á cidadanía a realizar a Volta ao Cabo Prior

Equiocio Ferrrol volve aliarse coa Sociedade Cultural Columba na promoción do territorio e impulsa unha nova saída do programa “En Ruta con Equiocio”. Nesta ocasión, propoñen a Volta ao Cabo Prior, un enclave de interese xeolóxico e ambiental que, no seu día, foi estratéxico dende o punto de vista militar. A visita guiada celebrarase este …

A pintora Carla Villaamil firma o cartel oficial de Equiocio Ferrol 2024

Equiocio Ferrol 2024 por fin ten cartel oficial. A pintora ferrolá Carla Villaamil é a autora da obra que a organización utilizará para a promoción do certame hípico e de lecer familiar, que se desenvolverá en Covas do 1 ao 4 de agosto. Un equino (símbolo de liberdade e de nobreza) e o mar emerxen …