“En Ruta con Equiocio” regresa con percorridos guiados pola costa de Ferrol

Equiocio abre inscricións na IV edición do programa de sendeirismo “En Ruta con Equiocio”. Neste 2023, volve a aliarse coa Sociedade Cultural Columba, que se encargará de guiar os itinerarios, para propor tres percorridos cos que descubrir o patrimonio natural, paisaxístico e histórico do litoral de Ferrol. Un programa que dá continuidade ao calendario de …

Entidades sociais de Ferrolterra protagonizan a limpeza do río Xunto impulsada por Equiocio Social

Voluntarias e voluntarios de distintas entidades sociais e sociosanitarias de Ferrolterra colaboraron, man con man, esta mañá na limpeza do río Xunto, en Esmelle. Unha proposta de Equiocio Social incluída na campaña nacional “1 m2 polos ríos, lagos e encoros”, que impulsa o proxecto Libera de SEO BirdLife en alianza con Ecoembes. A pesar da …

Equiocio activa este sábado o seu programa de actividades coa limpeza en Esmelle do río Xunto

Equiocio pon en marcha este sábado o seu programa anual de actividades. E faino sumándose por primeira vez á campaña “1 m2 polos ríos, lagos e encoros”, que impulsa o proxecto Libera de SEO BirdLife en alianza con Ecoembes. Dentro desta convocatoria, que inclúe accións simultáneas en toda España, o certame hípico e de lecer …

Equiocio traslada ao 18 de marzo a súa recollida de residuos no río Xunto, en Esmelle

Equiocio move de día, por mor das malas previsións meteorolóxicas, a primeira acción medioambiental do seu programa anual de actividades. Así, a iniciativa “1 metro cadrado polos ríos, lagos e encoros” que impulsa el Proxecto Libera de SEO BirdLife en alianza con Ecoembes, ao que este ano se une o certame hípico cunha xornada de …

Álvaro Gil proclámase vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol

O xinete madrileño Álvaro Gil, montando a Ulyss van Pottelberg, adxudicouse o Gran Premio Cidade de Ferrol ao ser o único dos participantes que terminou o esixente percorrido sen derribas e sen penalización por exceso de tempo, co que inscribiu o seu nome no de grupo de vencedores na proba principal de Equiocio. O alcalde …

Equiocio consolídase como evento multiexperiencia para o público infantil

Equiocio está a ser nesta edición máis que nunca un espazo pensado para o desfrute de todos e cada un dos membros da familia. O certame fixo desta volta unha aposta especial pola programación infantil e por favorecer a conciliación, con propostas destinadas a enriquecer a experiencia dos cativos durante a visita, e facilitar que …

González Fraga gañou as dúas grandes probas da primeira xornada de competición

Javier González Fraga foi o gran protagonista da primeira xornada de Equiocio, xa que se impuxo nas dúas probas grandes. Primeiro fíxoo no Trofeo Dirección Xeral de Gandaría e Agricultura, sobre unha altura de 1.30, montando a Cholita JGF, e pechou o día impoñéndose na proba grande, sobre 1.35 metros, Trofeo Reganosa, a lombos de …

Equiocio reivindica o seu papel como dinamizador do turismo e como “marca Ferrolterra”

Equiocio reivindícase como o gran escaparate de Ferrolterra. O certame ecuestre e de lecer familiar, que hoxe se inauguraba oficialmente, presentábase esta mañá como incuestionable referencia hípica e como espazo aglutinador onde descubrir o moito e bo que oferta o Xeodestino e Galicia, coa paisaxe, os deportes en plena natureza e a gastronomía como algunhas …

Equiocio impulsa un encontro entre os eventos de maior tirón turístico de Ferrol

Equiocio poñía en marcha esta tarde a súa 31 edición coa vontade de converterse máis que nunca no gran punto de encontro de Ferrol. É un espazo de confluencia para o mundo da hípica, para as asociacións sociosanitarias e culturais que traballan na comarca e desde agora tamén para os eventos e celebracións máis arraigadas …