Activada a inscrición no CSN*** Cidade de Ferrol e no resto das competicións hípicas de Equiocio Ferrol

Equiocio Ferrol activa as inscricións para a totalidade das competicións hípicas da súa próxima edición, que se celebrará en Covas, do 1 ao 4 de agosto. O prato forte volverá ser o Concurso de Saltos Nacional*** Cidade de Ferrol, pero refórzase tamén a competición de ponis. Así, o CSNP1 formará parte da Liga de Norte …

Equiocio Ferrol reúne a preto de medio cento de persoas na nova edición da Volta ao Cabo

Equiocio Ferrol recuperaba este sábado o seu tradicional programa de sendeirismo, da man de José Manuel López Hermida, presidente da Sociedade Cultural Columba. A volta ao Cabo Prior reunía a preto de medio cento de camiñantes, entre os que se atopaban integrantes de distintas entidades sociosanitarias de Ferrolterra. O bo tempo acompañou no percorrido, que …

Equiocio Ferrol e Columba convidan á cidadanía a realizar a Volta ao Cabo Prior

Equiocio Ferrrol volve aliarse coa Sociedade Cultural Columba na promoción do territorio e impulsa unha nova saída do programa “En Ruta con Equiocio”. Nesta ocasión, propoñen a Volta ao Cabo Prior, un enclave de interese xeolóxico e ambiental que, no seu día, foi estratéxico dende o punto de vista militar. A visita guiada celebrarase este …

A pintora Carla Villaamil firma o cartel oficial de Equiocio Ferrol 2024

Equiocio Ferrol 2024 por fin ten cartel oficial. A pintora ferrolá Carla Villaamil é a autora da obra que a organización utilizará para a promoción do certame hípico e de lecer familiar, que se desenvolverá en Covas do 1 ao 4 de agosto. Un equino (símbolo de liberdade e de nobreza) e o mar emerxen …

Equiocio Ferrol e Espacio Vivo convidan á mocidade a sacar o seu lado máis creativo coas novas tecnoloxías

Baixo o título “Artesáns dixitais”, Equiocio Ferrol celebraba estes días un novo taller da programación Eco-Maker Lab. Nesta ocasión, dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. Con participación gratuíta e o patrocinio da Xunta de Galicia, o obradoiro tiña lugar nas instalacións de Espacio Vivo no barrio da Magdalena, co concurso …

Galicia Textil reforza a colaboración coas entidades sociosanitarias que participan en Equiocio Ferrol

Entidades sociosanitarias de Ferrolterra participaron este martes na visita ás instalacións de Galicia Textil, impulsada por Equiocio Ferrol. A firma, que colabora dende hai décadas co certame de hípica e de lecer familiar, cede cada ano centos de metros de lenzo co que se visten os stands das asociacións da comarca con presenza no evento, …

Equiocio Ferrol suma bautismos de paddle surf gratuítos á oferta de actividades de lecer previa ao certame

Equiocio Ferrol suma este ano bautismos de paddle surf á súa oferta de actividades de lecer previa ao certame. A iniciativa continúa a estela de accións adoptadas en edicións pasadas co obxecto de fomentar o deporte na natureza e dar a coñecer o noso territorio. Unha doble vertente deportiva e turística coa que a organización …

Aberta a inscrición no novo programa de rutas guiadas en ebike por Covas

Equiocio Ferrol pon en marcha en xullo, no marco da súa oferta de propostas de actividades de lecer activo en plena natureza, un programa de rutas guiadas en ebike. A actividade brindará a oportunidade de probar unha bici eléctrica e de desfrutar, sen grandes esforzos, grazas á asistencia no pedaleo, tanto da contorna de Covas, …

Equiocio Ferrol activa con Espacio Vivo os obradoiros dixitais Eco-Maker Lab

Equiocio Ferrol aposta forte este ano polas novas tecnoloxías, e da man da firma local Espacio Vivo, arrincaba esta mañá unha completa programación de talleres baixo o lema Eco-Maker Lab. Están dirixidos a diferentes públicos, con participación gratuíta, e o obxectivo claro de fomentar o uso creativo da tecnoloxía. Desenvolveranse nas próximas semanas nas instalacións …

Entidades sociosanitarias de Ferrolterra colaboran con Equiocio Ferrol na limpeza do río Xunto

Equiocio Ferrol arrincaba esta mañá o seu calendario de actividades 2024 cunha acción de concienciación medio ambiental. Preto de 30 voluntarios e voluntarias de entidades do ámbito sociosanitario das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal participaban na iniciativa “1m2 contra la basuraleza”, do proxecto Libera, que promoven Ecoembes e SEO Birdlife en toda España. Equipados …