Equiocio Ferrol e Espacio Vivo convidan á mocidade a sacar o seu lado máis creativo coas novas tecnoloxías

Baixo o título “Artesáns dixitais”, Equiocio Ferrol celebraba estes días un novo taller da programación Eco-Maker Lab. Nesta ocasión, dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. Con participación gratuíta e o patrocinio da Xunta de Galicia, o obradoiro tiña lugar nas instalacións de Espacio Vivo no barrio da Magdalena, co concurso de 10 rapaces e rapazas e o obxectivo de fomentar o uso creativo da tecnoloxía. Así, ao longo de preto de 2 horas, aprenderon a vectorizar imaxes a través de programas informáticos. Un proceso laborioso que daba lugar a deseños chamativos e moi persoais que, a posteriori, se estamparán en camisetas, tazas ou tote bags a través de ferramentas dixitais. Un taller que non só favoreceu a aprendizaxe nas novas tecnoloxías, senón que taménconvidou aos mozos e mozas participantes a tirar de enxeño e creatividade.

O calendario Eco-Maker Lab é, precisamente, un anticipo da programación que desenvolverá Equiocio Ferrol, en colaboración con Espacio Vivo, durante o certame, no mes de agosto en Covas. Alí, entre outras inciativas, programaranse talleres de construción de Lego, de estampación de camisetas e tazas mediante impresión 3D ou obradoiros de robótica.

Un certame que regresará co apoio do Concello de Ferrol, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e grandes firmas como Gadis e Estrella Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *