Un mercado sostible, o festival de mascotas e a BTT abren este xoves o Equiocio Ferrol máis multidisciplinar

No Campo das Cabazas, en Covas, apúranse, os preparativos para o inicio este xoves da 32 edición de Equiocio Ferrol. O certame hípico e de lecer, arrincará, como vén sendo habitual, cunha tarde de actividades para toda a familia en contacto coa natureza. Unha aposta por mostrar o enfoque claramente multidisciplinar do evento.

Na xornada de apertura, a única sen competicións ecuestres de salto, activaranse algunhas das estreas desta edición. Así, abrirase o Ecomarket, unha aposta por apoiar e poñer en valor o traballo que desenvolven firmas sostibles e de proximidade, que exhibirán, e venderán, os seus produtos de moda, complementos e decoración.

Tamén será a primeira oportunidade de achegarse a “Equiocio cultural Ferrol”, a proposta do certame para colaborar na difusión dos eventos de maior tirón da cidade (Meninas de Canido e Festa das Pepitas) e divulgar o traballo de agrupacións musicais ferrolás emblemáticas.

Aínda que se hai dous ganchos fundamentais serán os vencellados ao mundo da btt. As dúas citas clásicas neste eido do certame de Covas son a xincana infantil (18 h) e a ruta ao atardecer (20 h), que impulsa a organización co apoio do Club BTT Valle de Esmelle e Ciclos Roca.

E, entre medias, chegará o tradicional Festival de Mascotas (19 h). Un evento, apoiado por Hill’s Pet Nutrition España, que volverá recoñecer a achega dos animais á vida en familia, tratando de impulsar as adopcións responsables e incidindo no seu benestar. Unha mensaxe animalista presente tamén no filme “Mi amigo Pony”, que centrará a sesión de cinema, patrocinada por Gadis, que poñerá punto e final á programación do xoves. Por diante quedarán os días grandes do certame hípico, que se desenvolverá ata o vindeiro domingo.

Equiocio Ferrol contará este ano como principais patrocinadores coa Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Estrella Galicia e Gadis. E suma as colaboracións da Sociedade de Turismo de Ferrol, Sogama, Carné Xove, Abanca, Coca Cola, J.Rilo e a Comunidade de Montes Veciñais Covas Esmelle.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *