Gadis convidará a nenos e a maiores a iniciar o seu propio horto en Equiocio Ferrol

Da man de Gadis, nenos e maiores poderán iniciarse no mundo da agricultura creando o seu propio horto en Equiocio Ferrol. A firma patrocinará este ano unha ampla programación de talleres medio ambientais nos que os novos e non tan novos aprenderán técnicas de cultivo e familiarizaranse con conceptos como sustibilidade e alimentación saudable. Así …

Equiocio Ferrol convoca o Festival de mascotas para destacar a aportación dos animais ao fogar

Equiocio Ferrol abrirase o xoves 1 de agosto, cunha tarde de lecer familiar. Unha oferta na que non pode faltar todo un clásico do certame: o festival de mascotas. A proposta reivindica a aportación dos animais de compañía, que teñen a consideración de membros da familia, á convivencia nos fogares. Patrocinado por Hill´s, o festival …

Equiocio Ferrol reúne a preto de medio cento de persoas na nova edición da Volta ao Cabo

Equiocio Ferrol recuperaba este sábado o seu tradicional programa de sendeirismo, da man de José Manuel López Hermida, presidente da Sociedade Cultural Columba. A volta ao Cabo Prior reunía a preto de medio cento de camiñantes, entre os que se atopaban integrantes de distintas entidades sociosanitarias de Ferrolterra. O bo tempo acompañou no percorrido, que …

Equiocio Ferrol e Columba convidan á cidadanía a realizar a Volta ao Cabo Prior

Equiocio Ferrrol volve aliarse coa Sociedade Cultural Columba na promoción do territorio e impulsa unha nova saída do programa “En Ruta con Equiocio”. Nesta ocasión, propoñen a Volta ao Cabo Prior, un enclave de interese xeolóxico e ambiental que, no seu día, foi estratéxico dende o punto de vista militar. A visita guiada celebrarase este …

Equiocio Ferrol suma bautismos de paddle surf gratuítos á oferta de actividades de lecer previa ao certame

Equiocio Ferrol suma este ano bautismos de paddle surf á súa oferta de actividades de lecer previa ao certame. A iniciativa continúa a estela de accións adoptadas en edicións pasadas co obxecto de fomentar o deporte na natureza e dar a coñecer o noso territorio. Unha doble vertente deportiva e turística coa que a organización …

Aberta a inscrición no novo programa de rutas guiadas en ebike por Covas

Equiocio Ferrol pon en marcha en xullo, no marco da súa oferta de propostas de actividades de lecer activo en plena natureza, un programa de rutas guiadas en ebike. A actividade brindará a oportunidade de probar unha bici eléctrica e de desfrutar, sen grandes esforzos, grazas á asistencia no pedaleo, tanto da contorna de Covas, …

Entidades sociosanitarias de Ferrolterra colaboran con Equiocio Ferrol na limpeza do río Xunto

Equiocio Ferrol arrincaba esta mañá o seu calendario de actividades 2024 cunha acción de concienciación medio ambiental. Preto de 30 voluntarios e voluntarias de entidades do ámbito sociosanitario das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal participaban na iniciativa “1m2 contra la basuraleza”, do proxecto Libera, que promoven Ecoembes e SEO Birdlife en toda España. Equipados …

Oito das entidades sociais participan nunha xornada de plantación no Campo das Cabazas

Representantes de oito entidades socio sanitarias de Ferrolterra participaron nunha plantación de arbustos, impulsada co apoio de Equiocio Ferrol, no Campo das Cabazas, escenario cada mes de agosto do certame hípico e de lecer familiar. A proposta, destinada a embelecer o acceso ao evento marca o punto e final dos talleres de viveirismo organizados por …

O presidente da Xunta destaca o tirón turístico de Equiocio Ferrol: “un evento que marca a diferencia en Galicia”

Coa competición hípica en marcha, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, acompañado do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e o presidente do comité organizador, Ricardo Pérez Lama, inauguraba oficialmente este mediodía Equiocio Ferrol, unha proba hípica e de lecer familiar que, na súa 32 edición, reforza a súa vertente social e …