




Equiocio Ferrol porá o acento este ano na importancia do benestar animal. Un obxectivo que suporá medidas no referente á competición hípica e que inspirará actividades ao longo da súa programación. Nesta liña, convoca unha nova edición do Festival de mascotas e, en paralelo, anuncia a organización de obradoiros relativos ao coidado dos cans que, …
Gadis referenda o seu compromiso con Equiocio Ferrol 2023. A firma volverá ser un dos principais patrocinadores do certame hípico e de lecer familiar, que se celebra en Covas do 3 ao 6 de agosto, achegando ademais o groso da programación destinada ao público infantil. Unha oferta que apostará por fomentar a diversión dos máis …
Do mesmo xeito que veu facendo durante os últimos anos, a Sociedade Galega do Medio Ambiente colaborará na edición de Equiocio Ferrol 2023, que terá lugar do 3 ao 6 de agosto, en Covas-Ferrol, e farao promovendo a reciclaxe, un dos seus principais acenos de identidade. Con tal fin, patrocinará o programa “Reciclaxe Creativa”, que …
Leer más «Sogama continuará promovendo a reciclaxe na nova edición de Equiocio Ferrol 2023»
Representantes de oito entidades sociosanitarias de Ferrolterra participaban este mañá na plantación organizada por Equiocio Ferrol no Campo das Cabazas, escenario entre o 3 e o 6 de agosto da nova edición do certame hípico e de lecer familiar. A proposta, destinada a embelecer o espazo natural, constitúe o punto e final do obradoiro de …
Equiocio Ferrol e Patronato Concepción Arenal volven traballar conxuntamente para mellorar as posibilidades de inserción laboral de persoas inmigrantes en risco de exclusión social e, ao tempo, afondar na liña sostible que segue o certame hípico e de lecer familiar, que se celebra en Covas do 3 ao 6 de agosto. Ambas entidades promoven o …
Preto de medio centenar de persoas tomaban parte esta mañá no terceiro e último itinerario do programa «En Ruta con Equiocio 2023». Guiados pola Sociedade Cultural Columba, percorrían a franxa litoral comprendida entre as praias de San Xurxo e Doniños, achegándose ao asentamento castrexo costeiro máis grande de Ferrol. Un proxecto co que divulgar a …
Coa confianza de reeditar o éxito de participación dos itinerarios precedentes, Equiocio abre inscricións nunha nova proposta do programa “En Ruta con Equiocio”. A Ruta ao Castro de Lobadiz celebrarase o sábado 3 de xuño, con saída ás 10:30 horas das inmediacións do restaurante Casa Claudina, na praia de San Xurxo. Estará novamente guiada polo …
Leer más «Equiocio abre inscricións na ruta ao castro de Lobadiz»





Co obxectivo de que a contorna natural das Cabazas luza como nunca do 3 ao 6 de agosto, Equiocio impulsou esta mañá, da man de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, un obradoiro práctico de viveirismo do que sairán as plantas ornamentais que adornarán este ano a contorna natural onde se celebra o certame hípico …
Equiocio inauguraba esta mañá o calendario do programa “En Ruta con Equiocio” co que, dende hai catro anos, busca dar a coñecer o territorio e promocionar hábitos saudables a través do exercicio físico. Un total de 72 persoas tomaban parte neste primeiro percorrido á mina de ouro de Covas. Entre eles, contouse coa presenza de …