Gadis patrocinará PequeOcio, epicentro das actividades infantís en Equiocio

Gadis volverá un ano máis reforzar o carácter familiar de Equiocio e a súa aposta pola sostibilidade. A firma de distribución de alimentación galega continuará neste 2022 como un dos principais  patrocinadores do certame hípico, ofrecendo unha morea de actividades ideadas para o desfrute dos máis pequenos e pequenas da casa en plena natureza.  Será a través de …

Sogama estará en Equiocio co patrocinio do ciclo de obradoiros “Reciclaxe creativa”

Sogama, que veu colaborando con Equiocio durante os últimos anos, estará presente na nova edición 2022, que se celebrará entre os días 4 e 7 do próximo mes de agosto, e farao a través do patrocinio do programa “Reciclaxe Creativa”, que aglutinará unha serie de talleres a desenvolver baixo a dirección e coordinación de Mariola …

A programación Xove de Equiocio incluirá bautismos de surf, talleres e vantaxes para os/as titulares do Carné

O Carné Xove, da Xunta de Galicia, permitirá este ano participar nunha morea de actividades en Equiocio deseñadas para os mozos e mozas, acceder a vantaxes exclusivas e desfrutar de agasallos e premios. Do 4 ao 7 de agosto, a programación Xove de Equiocio, apoiada pola Consellería de Política Social e Xuventude, incluirá bautismos de …

Entidades sociais protagonizan unha nova plantación no Campo das Cabazas

Equiocio daba continuidade esta mañá ao seu calendario 2022 cunha acción na que, unha vez máis, compromiso social e medio ambiente déronse a man. Así, celebraba unha xornada de plantación coa que avanzaba na recuperación e posta en valor do espazo que en Covas (Ferrol) lle serve de escenario á competición hípica. Un lugar de …