Equiocio Social converte o Camiño Inglés en espazo de convivencia entre as entidades sociais

Tras un aprazamento forzado pola climatoloxía, finalmente este sábado 9 de xullo levouse a cabo “Equiocio Social no Camiño”. Preto de medio centenar de persoas pertencentes a algunhas das entidades do ámbito sociosanitario que integran Equiocio Social iniciaban a ruta xacobea. Trala foto de familia, partían ás 11 h do quilómetro 0, o peirao de …

Equiocio convida a persoas con diferentes capacidades a desfrutar do mundo equino

Equiocio pon en marcha un novo programa de lecer inclusivo co cabalo como protagonista e cos usuarios e usuarias de diferentes entidades do ámbito sociosanitario como destinatarios/as. Entre elas, AFAL Ferrolterra, Affinor, ASCM, Asotrame, Aspanaes e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. O obxectivo é proporcionarlles unha actividade motivadora e de disfrute ligada ao cabalo, …

Sogama estará en Equiocio co patrocinio do ciclo de obradoiros “Reciclaxe creativa”

Sogama, que veu colaborando con Equiocio durante os últimos anos, estará presente na nova edición 2022, que se celebrará entre os días 4 e 7 do próximo mes de agosto, e farao a través do patrocinio do programa “Reciclaxe Creativa”, que aglutinará unha serie de talleres a desenvolver baixo a dirección e coordinación de Mariola …

A programación Xove de Equiocio incluirá bautismos de surf, talleres e vantaxes para os/as titulares do Carné

O Carné Xove, da Xunta de Galicia, permitirá este ano participar nunha morea de actividades en Equiocio deseñadas para os mozos e mozas, acceder a vantaxes exclusivas e desfrutar de agasallos e premios. Do 4 ao 7 de agosto, a programación Xove de Equiocio, apoiada pola Consellería de Política Social e Xuventude, incluirá bautismos de …

Equiocio volve apostar polos ecotrofeos

Equiocio Mar e Terra e Patronato Concepción Arenal volven darse a man co obxectivo de mellorar as posibilidades de inserción laboral de persoas inmigrantes en risco de exclusión social e, ao mesmo tempo,profundizar na liña sostible que segue o certame hípico. Así, a directora de Equiocio, Ana Pérez Lago, e a presidenta da asociación, Beatriz …

Entidades sociais protagonizan unha nova plantación no Campo das Cabazas

Equiocio daba continuidade esta mañá ao seu calendario 2022 cunha acción na que, unha vez máis, compromiso social e medio ambiente déronse a man. Así, celebraba unha xornada de plantación coa que avanzaba na recuperación e posta en valor do espazo que en Covas (Ferrol) lle serve de escenario á competición hípica. Un lugar de …

A Xunta pon en valor as terapias ecuestres para mellorar a calidade de vida das persoas con autismo

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá o antigo centro ecuestre La Finca, en Mandiá (Ferrol), para coñecer o programa Lecer inclusivo, que promove Equiocio. Nesta xornada a iniciativa contou coa participación de persoas usuarias de Aspanaes. Outras catro entidades sociais de Ferrolterra sumaranse ao proxecto. A través deste …