O “Festival de mascotas” volverá reforzado a Equiocio Ferrol 2025

Equiocio Ferrol acollerá na súa xornada inaugural, prevista para o 31 de xullo, o seu tradicional “Festival de mascotas”. A iniciativa, que volve con máis premios, busca poñer en valor a aportación dos animais de compañía, que teñen a consideración de membros da familia, á convivencia nos fogares.

atrocinado por Hill´s, o festival arrincará ás 20 horas, incidindo nos beneficios de ter unha mascota na casa sen esquecer as responsabilidades que conleva. Ademais, a proposta quere contribuír a fomentar o coidado dos animais e impulsar a adopción dos cans e gatos.

Durante o evento, as persoas propietarias deberán presentar ao público asistente os seus animais de compañía, explicando o vínculo que os une a eles, o que aporta a súa presenza no ámbito familiar, ou a súa propia historia. Todas as mascotas que participen recibirán un agasallo, xentileza da firma de alimentación para cans e gatos.

Outorgaranse ademais varios premios especiais. Así, distinguirase á animal que sexa exemplo de superación e ao que destaque pola excelente interacción cos seus humanos. Finalmente, recoñecerase a xenerosidade e dedicación da familia máis entregada aos coidados.

O xurado estará integrado pola delegada de Hill´s en Galicia, Natalia García; Luisa Amor, representante da Protectora Arco da Vella; Beatriz Capón, de Peluquería canina A Malata, que colabora habitualmente coas protectoras da zona; e a bióloga e coordinadora da colonia felina de Ferrol Vello, Juana Pardo.

As bases do festival e a folla para apuntarse no festival, presentado por Esther Guimaré, integrante de Affinor, poden descargarse aquí. As persoas interesadas poderán apuntarse no propio certame, entregando cuberto o boletín de inscrición ata un cuarto de hora antes do inicio da actividade.

Os animais deberán presentar un bo estado de saúde e estar debidamente coidados. Como sempre, no caso de especies exóticas, terá que acreditarse a súa propiedade e situación legal.

Equiocio Ferrol contará neste 2025 co patrocinio, entre outros, do Concello de  Ferrol, Deputación provincial da Coruña, Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Gadis e Estrella Galicia. Colaboran ademais Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, Sogama, J.Rilo, Integral Motion, Coca Cola e a Comunidade de Montes Veciñais en man común de Covas Esmelle.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *