Entidades sociosanitarias de Ferrolterra colaboran con Equiocio Ferrol na limpeza do río Xunto

Equiocio Ferrol arrincaba esta mañá o seu calendario de actividades 2024 cunha acción de concienciación medio ambiental. Preto de 30 voluntarios e voluntarias de entidades do ámbito sociosanitario das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal participaban na iniciativa “1m2 contra la basuraleza”, do proxecto Libera, que promoven Ecoembes e SEO Birdlife en toda España. Equipados …

Oito das entidades sociais participan nunha xornada de plantación no Campo das Cabazas

Representantes de oito entidades socio sanitarias de Ferrolterra participaron nunha plantación de arbustos, impulsada co apoio de Equiocio Ferrol, no Campo das Cabazas, escenario cada mes de agosto do certame hípico e de lecer familiar. A proposta, destinada a embelecer o acceso ao evento marca o punto e final dos talleres de viveirismo organizados por …

Resultados das probas do sábado 5 de agosto

Prueba de ponis A Prueba de ponis B2 Prueba de ponis B Prueba de ponis C2 Prueba de ponis C Prueba de ponis D2 Prueba de 0,50 m Prueba de 1 m Prueba de 1,10 m (Concurso nacional de Salto) Prueba de 1,10 (concurso territorial) Prueba de 1,20 m Prueba de 1,30 m Prueba de …

O presidente da Xunta destaca o tirón turístico de Equiocio Ferrol: “un evento que marca a diferencia en Galicia”

Coa competición hípica en marcha, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, acompañado do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e o presidente do comité organizador, Ricardo Pérez Lama, inauguraba oficialmente este mediodía Equiocio Ferrol, unha proba hípica e de lecer familiar que, na súa 32 edición, reforza a súa vertente social e …

Equiocio Ferrol activa este venres as súas competicións hípicas nas que participarán 250 cabalos

Mañá venres, desde primeira hora da mañá, arrincan as competicións hípicas de Equiocio Ferrol 2023. Un total de 250 cabalos e outros tantos xinetes e amazonas tomarán parte no “Concurso Nacional de Saltos***  Cidade de Ferrol”, no Nacional de ponis e nos concursos territoriais, as tres competicións que se disputarán en paralelo ata o domingo …

Equiocio Ferrol incide no seu arranque no compromiso ambiental e o benestar animal

O tempo axudou, e Equiocio Ferrol 2023 arrincou cunha animada tarde de lecer familiar. Unha primeira toma de contacto coa programación do evento, que foi toda unha declaración de intencións. Cobran protagonismo as actividades sostibles, consolídase a oferta de deporte na natureza e ponse o acento no benestar animal. A inauguración oficial, a cargo do …

Equiocio Ferrol converte a gastronomía nun novo reclamo do certame

Equiocio Ferrol reforza a súa área gastronómica, ampliando a oferta para dar resposta tamén á demanda dun público que vai en aumento e que aposta pola alimentación vegana, así como a das persoas celíacas. A organización, que contará por segundo ano consecutivo coas degustacións de “Galicia sabe amar”, busca converter a cociña nun reclamo máis …

Un mercado sostible, o festival de mascotas e a BTT abren este xoves o Equiocio Ferrol máis multidisciplinar

No Campo das Cabazas, en Covas, apúranse, os preparativos para o inicio este xoves da 32 edición de Equiocio Ferrol. O certame hípico e de lecer, arrincará, como vén sendo habitual, cunha tarde de actividades para toda a familia en contacto coa natureza. Unha aposta por mostrar o enfoque claramente multidisciplinar do evento. Na xornada …

Equiocio Ferrol volve a Covas do 3 ao 6 de agosto coa edición máis potente a nivel deportivo da última década

Coa conta atrás activada para o arranque este xoves de Equiocio Ferrol, esta maña presentábase a 32 edición do certame hípico e de lecer. Unha entrega que promete ser a mellor da última década dende o punto de vista deportivo. A cita, que se desenvolverá do 3 ao 6 de agosto en Covas, limita o …