Ampla participación das entidades sociosanitarias de Ferrolterra na primeira saída de «En ruta con Equiocio»

Equiocio inauguraba esta mañá o calendario do programa “En Ruta con Equiocio” co que, dende hai catro anos, busca dar a coñecer o territorio e promocionar hábitos saudables a través do exercicio físico. Un total de 72 persoas tomaban parte neste primeiro percorrido á mina de ouro de Covas. Entre eles, contouse coa presenza de …

«En ruta con Equiocio» arrinca este sábado descubrindo os vestixios da minería de ouro en Covas

Máis de 60 persoas tomarán parte mañá sábado, 29 de abril, no primeiro dos itinerarios propostos no marco de “En ruta con Equiocio”. O programa de sendeirismo, impulsado, un ano máis, pola organización do  certame hípico e de lecer para pór en valor o litoral ferrolán, regresa cun percorrido que permitirá coñecer os vestixios da …

Álvaro Gil proclámase vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol

O xinete madrileño Álvaro Gil, montando a Ulyss van Pottelberg, adxudicouse o Gran Premio Cidade de Ferrol ao ser o único dos participantes que terminou o esixente percorrido sen derribas e sen penalización por exceso de tempo, co que inscribiu o seu nome no de grupo de vencedores na proba principal de Equiocio. O alcalde …

González Fraga gañou as dúas grandes probas da primeira xornada de competición

Javier González Fraga foi o gran protagonista da primeira xornada de Equiocio, xa que se impuxo nas dúas probas grandes. Primeiro fíxoo no Trofeo Dirección Xeral de Gandaría e Agricultura, sobre unha altura de 1.30, montando a Cholita JGF, e pechou o día impoñéndose na proba grande, sobre 1.35 metros, Trofeo Reganosa, a lombos de …

Equiocio arranca este xoves cunha xornada protagonizada polos nenos e as mascotas

En marcha os últimos preparativos en Covas (Ferrol) para o arranque este xoves de Equiocio 2022. Tras dous anos marcados pola covid, o certame de hípica e de lecer prepárase para vivir do 4 ao 7 de agosto unha edición sen restricións, cunha aposta clara por reforzar a súa vertente de ocio e as súas …

Equiocio reeditará a Ruta de BTT ao atardecer por Covas e Esmelle

A promoción do exercicio físico e da contorna natural de Ferrol volverán a ser unha tónica na edición deste ano de Equiocio, que se celebrará do 4 ao 7 de agosto no Campo das Cabazas-Covas. Así, o certame reeditará a Ruta de BTT ao atardecer da man do Centro BTT Valle de Esmelle e Ciclos …