Equiocio abre inscricións na ruta ao castro de Lobadiz

Coa confianza de reeditar o éxito de participación  dos itinerarios precedentes, Equiocio abre inscricións nunha nova proposta do  programa “En Ruta con Equiocio”. A Ruta ao Castro de Lobadiz celebrarase o  sábado 3 de xuño, con saída ás 10:30 horas das inmediacións do restaurante  Casa Claudina, na praia de San Xurxo. Estará novamente guiada polo …

Usuarios de Saúde Mental convertéronse en mestres dos obradoiros de plantación dos que sairán as flores de Equiocio

Co obxectivo de que a contorna natural das Cabazas luza como nunca do 3 ao 6 de agosto, Equiocio impulsou esta mañá, da man de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, un obradoiro práctico de viveirismo do que sairán as plantas ornamentais que adornarán este ano a contorna natural onde se celebra o certame hípico …

Ampla participación das entidades sociosanitarias de Ferrolterra na primeira saída de «En ruta con Equiocio»

Equiocio inauguraba esta mañá o calendario do programa “En Ruta con Equiocio” co que, dende hai catro anos, busca dar a coñecer o territorio e promocionar hábitos saudables a través do exercicio físico. Un total de 72 persoas tomaban parte neste primeiro percorrido á mina de ouro de Covas. Entre eles, contouse coa presenza de …

«En ruta con Equiocio» arrinca este sábado descubrindo os vestixios da minería de ouro en Covas

Máis de 60 persoas tomarán parte mañá sábado, 29 de abril, no primeiro dos itinerarios propostos no marco de “En ruta con Equiocio”. O programa de sendeirismo, impulsado, un ano máis, pola organización do  certame hípico e de lecer para pór en valor o litoral ferrolán, regresa cun percorrido que permitirá coñecer os vestixios da …

“En Ruta con Equiocio” regresa con percorridos guiados pola costa de Ferrol

Equiocio abre inscricións na IV edición do programa de sendeirismo “En Ruta con Equiocio”. Neste 2023, volve a aliarse coa Sociedade Cultural Columba, que se encargará de guiar os itinerarios, para propor tres percorridos cos que descubrir o patrimonio natural, paisaxístico e histórico do litoral de Ferrol. Un programa que dá continuidade ao calendario de …

Entidades sociais de Ferrolterra protagonizan a limpeza do río Xunto impulsada por Equiocio Social

Voluntarias e voluntarios de distintas entidades sociais e sociosanitarias de Ferrolterra colaboraron, man con man, esta mañá na limpeza do río Xunto, en Esmelle. Unha proposta de Equiocio Social incluída na campaña nacional “1 m2 polos ríos, lagos e encoros”, que impulsa o proxecto Libera de SEO BirdLife en alianza con Ecoembes. A pesar da …

Equiocio activa este sábado o seu programa de actividades coa limpeza en Esmelle do río Xunto

Equiocio pon en marcha este sábado o seu programa anual de actividades. E faino sumándose por primeira vez á campaña “1 m2 polos ríos, lagos e encoros”, que impulsa o proxecto Libera de SEO BirdLife en alianza con Ecoembes. Dentro desta convocatoria, que inclúe accións simultáneas en toda España, o certame hípico e de lecer …

Equiocio traslada ao 18 de marzo a súa recollida de residuos no río Xunto, en Esmelle

Equiocio move de día, por mor das malas previsións meteorolóxicas, a primeira acción medioambiental do seu programa anual de actividades. Así, a iniciativa “1 metro cadrado polos ríos, lagos e encoros” que impulsa el Proxecto Libera de SEO BirdLife en alianza con Ecoembes, ao que este ano se une o certame hípico cunha xornada de …

Álvaro Gil proclámase vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol

O xinete madrileño Álvaro Gil, montando a Ulyss van Pottelberg, adxudicouse o Gran Premio Cidade de Ferrol ao ser o único dos participantes que terminou o esixente percorrido sen derribas e sen penalización por exceso de tempo, co que inscribiu o seu nome no de grupo de vencedores na proba principal de Equiocio. O alcalde …