Equiocio encara as súas últimas horas recuperando as cifras de público prepandemia

Equiocio despide esta tarde unha edición marcada pola volta á normalidade e polo bo tempo. Dous factores que contribuíron ao éxito de público do certame hípico e de lecer familiar que, no terreo da competición, bateu o seu propio récord de saídas á pista (case 1.000) e que, na súa programación complementaria, apostou pola multiplicación …

Javier González Fraga triunfa no Gran Premio Gadis

Novamente Javier González Fraga converteuse no gran protagonista da xornada deste sábado en Equiocio coa vitoria nas dúas probas grandes, do mesmo xeito que o día anterior. Primeiro, na competición de 1.35, Trofeo Deputación Provincial da Coruña, montando a Bubalú e terminou a xornada sendo o mellor no desempate do Pequeno Gran Premio Gadis a …

Equiocio consolídase como evento multiexperiencia para o público infantil

Equiocio está a ser nesta edición máis que nunca un espazo pensado para o desfrute de todos e cada un dos membros da familia. O certame fixo desta volta unha aposta especial pola programación infantil e por favorecer a conciliación, con propostas destinadas a enriquecer a experiencia dos cativos durante a visita, e facilitar que …

González Fraga gañou as dúas grandes probas da primeira xornada de competición

Javier González Fraga foi o gran protagonista da primeira xornada de Equiocio, xa que se impuxo nas dúas probas grandes. Primeiro fíxoo no Trofeo Dirección Xeral de Gandaría e Agricultura, sobre unha altura de 1.30, montando a Cholita JGF, e pechou o día impoñéndose na proba grande, sobre 1.35 metros, Trofeo Reganosa, a lombos de …

Equiocio reivindica o seu papel como dinamizador do turismo e como “marca Ferrolterra”

Equiocio reivindícase como o gran escaparate de Ferrolterra. O certame ecuestre e de lecer familiar, que hoxe se inauguraba oficialmente, presentábase esta mañá como incuestionable referencia hípica e como espazo aglutinador onde descubrir o moito e bo que oferta o Xeodestino e Galicia, coa paisaxe, os deportes en plena natureza e a gastronomía como algunhas …

Equiocio impulsa un encontro entre os eventos de maior tirón turístico de Ferrol

Equiocio poñía en marcha esta tarde a súa 31 edición coa vontade de converterse máis que nunca no gran punto de encontro de Ferrol. É un espazo de confluencia para o mundo da hípica, para as asociacións sociosanitarias e culturais que traballan na comarca e desde agora tamén para os eventos e celebracións máis arraigadas …

Equiocio arranca este xoves cunha xornada protagonizada polos nenos e as mascotas

En marcha os últimos preparativos en Covas (Ferrol) para o arranque este xoves de Equiocio 2022. Tras dous anos marcados pola covid, o certame de hípica e de lecer prepárase para vivir do 4 ao 7 de agosto unha edición sen restricións, cunha aposta clara por reforzar a súa vertente de ocio e as súas …

Máis de 250 xinetes e amazonas competirán na edición máis sostible e inclusiva de Equiocio

Conta atrás para o arranque da 31 edición de Equiocio. Máis de 250 xinetes e amazonas participarán nas competicións de salto do certame, todo un referente da hípica en Galicia que soubo reinventarse e adaptarse aos tempos. A cita ecuestre e de lecer familiar regresa do 4 ao 7 de agosto ao Campo das Cabazas-Covas, …