Equiocio Ferrol arranca este xoves cunha tarde chea de propostas para o lecer en familia

Conta atrás para o inicio de Equiocio Ferrol 2024, que se celebra en Covas do 1 ao 4 de agosto. A programación deste xoves, xornada previa ao arranque das competicións hípicas, estará, un ano máis, destinada ao lecer en familia, coa ruta cicloturística de btt ao atardecer, e o festival de mascotas como principais bazas.

A actividade no Campo das Cabazas arrincará este xoves, a partir das 16 horas, coa apertura dos stands turísticos e institucionais e tamén do Ecomarket, o mercadillo de marcas sostibles e de proximidade, ao que se incorporan nesta segunda edición novas firmas.

Para os máis pequenos- aínda que non só para eles- chega a estrea do Espazo Eco Maker, unha área onde nenos e maiores poderán divertirse tuneando roupa e accesorios, aprendendo impresión 3d, participando en actividades de robótica Lego ou facendo construcións con materiais reciclados.

E a partir de media tarde, chegan as apostas deportivas, coa BTT como protagonista. Primeiro será a quenda dos participantes da xincana infantil, que tomará a pista central a partir das 18 horas. E ás 20 horas darase a saída da habitual ruta cicloturística, cun percorrido duns 15 quilómetros polas parroquias de Covas e Esmelle. Unha actividade non competitiva, liderada polo Club BTT Valle de Esmelle, e aberta a todos os públicos. 

Entremedias, chegará outro clásico, o festival de mascotas, presentado por Esther Guimaré. Unha cita destinada a poñer en valor a achega dos animais de compañía no fogar, premiando as historias de superación, a mellor conexión entre mascota e o seu humano/a, e á familia máis entregada.

E como como guinda do pastel, as primeiras degustacións da campaña GALICIA SABE AMAR, da Consellería de Cultura. O chef Marcos Cabanas, do restaurante El Olivo, en Narón, preparará en directo tapas con algas (18 horas) e con marisco de Barallobre (19.30 h), que se servirán acompañadas por viños Denominación de Orixe.

Durante as xornadas do certame funcionarán catro servizos directos de bus, habilitados pola Xunta para facilitar os desprazamentos dende a Praza de Galicia de Ferrol ata a contorna do Campo das Cabazas (saídas ás 10 h y 15:30 h). En sentido contrario, están programados para ás 16 e 21 horas.

Equiocio Ferrol contará nesta 33 edición como principais patrocinadores coa Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Ferrol, Turismo de Galicia, Gadis, e Estrella Galicia. Ademais colaboran Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao, J. Rilo, Coca Cola, Sogama e, como non, a Comunidade de montes comunais en man común de Covas e Esmelle.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *