Equiocio Ferrol 2024 colle impulso este venres co inicio das competicións hípicas

Equiocio Ferrol prepárase para vivir os seus días grandes co arranque das competicións hípicas. Dende este venres, xornada da inauguración oficial, e ata o domingo, a pista central do certame será un auténtico non parar. En total, preto de 300 xinetes e amazonas confirmaron participación nos diferentes concursos de salto que se disputan en Covas.

O director deportivo da cita, Federico Pérez Lago, sinalaba durante a presentación que entre o Concurso de Saltos Nacional*** Cidade de Ferrol, o Nacional de Ponis (CSNP1) e as probas da competición territorial contabilizaranse unhas 300 saídas a pista. Compre lembrar que están inscritos máis de 260 cabalos, procedentes de Galicia, Madrid, Asturias, Cantabria, Castela León, Comunidade Valenciana e Portugal. Un dato, a delegación lusa alcanza a vintena longa de deportistas.

O Cidade de Ferrol, única competición nacional de categoría tres estrelas do verán galego, reunirá a primeiros espadas tanto de España como do país veciño. Entre este últimos, cómpre destacar a Miguel Viana, gañador do Gran Premio no 1999 e 2000, que volve tras doce anos de ausencia co obxectivo de anotarse un terceiro trunfo. Tamén detrás dese reto chega o seu compatriota Ivo Carvalho, triunfador do 2021 e 2023. Pero nacionais como o madrileño Álvaro Gil (2022) e o galego Javier González Fraga, en racha, ou José Luis Milán poderían ter moito que dicir.

Con todo, se por algo destaca Equiocio é polo apoio á canteira, tanto a través do Nacional de Ponis, que volve ser valedoiro para a Copa de Campeones (acude o campión de España de Ponis C, Gonzalo Criado) e se inclúe ademais na Liga de Norte a Sur, como a través das probas do concurso autonómico de salto. Este último é, sen dúbida, o que move máis deportistas.

OFERTA DE LECER

O venres arranca a competición hípica e, en paralelo, se multiplican as propostas de lecer para o público visitante. As 12 horas, está fixado o acto de inauguración oficial, que presidirá o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e contará coas actuacións da Coral Polifónica ferrolana del Casino Tenis Club e a Rondalla do Club do Campo. Pero haberá actividades dende horas antes.

Así, o venres chegan os obradoiros de plantación do Horto das Cabazas; os talleres de cerámica de La Barroteka; as actividades de reciclaxe creativa; o servizo de conciliación; as exhibicións de baloncesto en cadeira de rodas de Basketmi e dun grupo de baile do Padroado de Cultura de Narón e, como non, o concerto nocturno de Malditos Pendejos.

Finalmente, no plano gastronómico, ademais dos stands de primeiras marcas, as degustación de GALICIA SABE AMAR: “Cata a lata” (12.30 h), “De proximidade e con selo propio” (14 h) e “Mexillón de Galicia” (18 h), dúas a cargo dos chef Diego Domínguez & Maica Couto do restaurante La Ostrería (Santiago) e outra de Borja García do Restaurante Indómito (Santiago).

A 33 edición de Equiocio Ferrol conta como principais patrocinadores coa Xunta de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Gadis, Estrella Galicia e Turismo de Galicia. A relación complétase coa Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao, Sogama, J. Rilo e a Comunidade de Montes en man común de Covas e Esmelle.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *