Equiocio abre inscricións no Concurso  Nacional de Saltos -CSN***- Cidade de Ferrol

A través da web da Federación Hípica Española,  Equiocio vén de abrir o prazo de inscricións no Concurso Nacional de Saltos (CSN***)  Cidade de Ferrol que, como ocorrera o pasado ano, será a única proba desta  categoría programada no calendario de competición de Galicia en 2023.  Celebrarase do 4 ao 6 de agosto no Campo das Cabazas-Covas (Ferrol) coa  vista posta en manter os rexistros do pasado ano, e situarse como o concurso  que congrega unha maior participación en Galicia e o Norte de España durante  todo o ano. 

Repartiranse máis de 18.000 euros entre os primeiros clasificados nas diferentes  competicións, e haberá ata 13 probas diarias a disputar, con alturas entre os 0,50  m e os 1,40 m. Para esta edición, o comité organizador ten preparado unha pista  principal de herba cunhas dimensións de 70×50 metros, namentras que a de  ensaio volverá ser de area, cunhas dimensións de 50×25 e unha distancia a  cuadras de 30 metros.  

Así mesmo, a organización avanza que o próximo mes de xullo abrirase tamén  a inscrición na Copa de España de Campeóns de Ponis e na Competición  autonómica CST (Concurso de Saltos Territorial), do que se informará coa  antelación suficiente 

Equiocio 2023 conta co respaldo, entre os seus principais patrocinadores, do  Concello de Ferrol, Deputación provincial da Coruña, Xunta de Galicia, GadisEstrella Galicia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *