Álvaro Gil proclámase vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol

O xinete madrileño Álvaro Gil, montando a Ulyss van Pottelberg, adxudicouse o Gran Premio Cidade de Ferrol ao ser o único dos participantes que terminou o esixente percorrido sen derribas e sen penalización por exceso de tempo, co que inscribiu o seu nome no de grupo de vencedores na proba principal de Equiocio. O alcalde da cidade naval, Ángel Mato, foi o encargado de entregar o trofeo.

A última xornada da competición estivo marcada pola calor que acompañou aos participantes durante todo o día, co trunfo na proba de 0.80 de Catalina Rodríguez, a lombos de Turu, mentres que na competición de metro, a mellor foi Alba García, con Zara.

Pola súa banda, na proba nacional de 1.10 gañou Inés García, con Coyote C, e na territorial Sofía Crespo, con Don Guan.

Na proba de 1.20 metros, tamén se impuxo unha amazona, Irene Vidal, sobre Moreira PH, mentres que Javier González Fraga non faltou á cita co trunfo na competición de 1.30 metros.

A xornada de tarde viviu o Gran Premio de ponis, con probas moi espectaculares, gañando en ponis A, Hunter, con Mateo Gándara, mentres que en ponis B fíxoo Campolaverdad Dito, con Carlota Tardío, e en C a vitoria levouna Candela Suárez montando a Quezac du Geauvan. En ponis B2 gañou Claudia Mata, con Giro, e en ponis C2 venceu Noelia Martínez, a lombos de Titán de Valgrande.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *