Equiocio move de día, por mor das malas previsións meteorolóxicas, a primeira acción medioambiental do seu programa anual de actividades. Así, a iniciativa “1 metro cadrado polos ríos, lagos e encoros” que impulsa el Proxecto Libera de SEO BirdLife en alianza con Ecoembes, ao que este ano se une o certame hípico cunha xornada de limpeza no río Xunto, en Esmelle, celebrarase finalmente o sábado 18 de marzo. A organización abre un novo prazo de inscrición para cubrir as últimas vacantes.
Ante as previsións de mal tempo para esta fin de semana, Equiocio decidía adiar unha semana a actividade coa que quere contribuír a liberar de residuos a contorna natural máis próxima e, por riba de todo, crear conciencia entre a cidadanía.
O cambio de data fixo que algunhas das prazas reservadas quedaran vacantes. De aí que haxa unha nova oportunidade para que as persoas interesadas poidan sumarse á iniciativa medioambiental. Para iso terán que enviar antes do mércores un correo a equiociocomunicacion@gmail.com, indicando. Recibida a solicitude, confirmarase a reserva, xa que as prazas son limitadas.
O punto de encontro o 18 de marzo será no local social da AVV de Esmelle, ás 11:00 horas. Alí, facilitaranse ás persoas participantes os medios (guantes e bolsas) e as indicacións precisas para realizar a limpeza. Os residuos que se retiren da contorna do río Xunto serán debidamente clasificados, a reciclaranse a través de xestores autorizados. Unha tarefa na que colaborará o Concello de Ferrol.
ACCIÓNS SIMULTÁNEAS EN TODA ESPAÑA
A xornada, impulsada por Equiocio, será unha das decenas de intervencións que, en toda España, se realizarán simultaneamente no marco do proxecto Libera, unha chamada á acción para que, entre todos, poidamos liberar moita máis vida a favor da biodiversidade.
Esta actividade será a primeira do calendario do certame hípico e de lecer familiar neste 2023. Un calendario que continuará ao longo dos vindeiros meses iniciativas centradas no turismo, no medio ambiente e no compromiso social. Equiocio regresará ao Campo das Cabazas do 3 ao 6 de agosto, novamente co apoio de firmas como Gadis e Estrella Galicia ou administracións como o Concello de Ferrol, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.