Equiocio traslada ao 18 de marzo a súa recollida de residuos no río Xunto, en Esmelle

Equiocio move de día, por mor das malas previsións meteorolóxicas, a primeira acción medioambiental do seu programa anual de actividades. Así, a iniciativa “1 metro cadrado polos ríos, lagos e encoros” que impulsa el Proxecto Libera de SEO BirdLife en alianza con Ecoembes, ao que este ano se une o certame hípico cunha xornada de limpeza no río Xunto, en Esmelle, celebrarase finalmente o sábado 18 de marzo. A organización abre un novo prazo de inscrición para cubrir as últimas vacantes.

Ante as previsións de mal tempo para esta fin de semana, Equiocio decidía adiar unha semana a actividade coa que quere contribuír a liberar de residuos a contorna natural máis próxima e, por riba de todo, crear conciencia entre a cidadanía.

O cambio de data fixo que algunhas das prazas reservadas quedaran vacantes. De aí que haxa unha nova oportunidade para que as persoas interesadas poidan sumarse á iniciativa medioambiental. Para iso terán que enviar antes do mércores un correo a equiociocomunicacion@gmail.com, indicando. Recibida a solicitude, confirmarase a reserva, xa que as prazas son limitadas.

O punto de encontro o 18 de marzo será no local social da AVV de Esmelle, ás 11:00 horas. Alí, facilitaranse ás persoas participantes os medios (guantes e bolsas) e as indicacións precisas para realizar a limpeza. Os residuos que se retiren da contorna do río Xunto serán debidamente clasificados, a reciclaranse  a través de xestores autorizados.  Unha tarefa na que colaborará o Concello de Ferrol.

ACCIÓNS SIMULTÁNEAS EN TODA ESPAÑA

A xornada, impulsada por Equiocio, será unha das decenas de intervencións que, en toda España, se realizarán simultaneamente no marco do proxecto Libera, unha chamada á acción para  que, entre todos, poidamos liberar moita máis vida a favor da biodiversidade.

Esta actividade será a primeira do calendario do certame hípico e de lecer familiar neste 2023. Un calendario que continuará ao longo dos vindeiros meses iniciativas centradas no turismo, no medio ambiente e no compromiso social. Equiocio regresará ao Campo das Cabazas do 3 ao 6 de agosto, novamente co apoio de  firmas como Gadis e Estrella Galicia ou administracións como o Concello de  Ferrol, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *