Equiocio Ferrol vén de abrir o prazo de inscricións do Concurso de Saltos Territorial, que se disputará no campo das Cabazas en paralelo ao “CSN*** Cidade de Ferrol”, entre o 4 e o 6 de agosto. Contémplanse como probas complementarias sobre alturas de 0,80 metros, 1 metro e 1,10 metros.
Apuntan dende a organización que para participar cómpre enviar un email ao enderezo electrónico secretaria@equiocio.es. A data límite é o 24 de xullo. Os participantes deberán estar en posesión das súas licenzas territoriais de competición en vigor e dos galopes correspondentes á proba na que queiran participar.
A nova edición de Equiocio Ferrol contará entre os seus principais patrocinadores coa Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Estrella Galicia e Gadis. Colaboran ademais Fundación Deporte Galego, Federación Hípica Galega, JRilo e, como non, a Comunidade de Montes veciñais en mán común de Covas e Esmelle.
Consulta aquí o avance do programa da competición.