“Mar de fóra” chega este mércores a Covas con obradoiros e xogos infantís sobre o medio mariño

Equiocio Ferrol e a Consellería do Mar organizan este mércores en Covas a iniciativa “Mar de fóra”. Trátase dunha xornada de convivencia e actividades ao redor do mundo do mar, cunha morea de obradoiros, xogos ao aire libre e breves charlas. Unha oferta gratuíta de lecer e aprendizaxe activo, dirixida ao público infantil e familiar. Dende a organización convídase á veciñanza e visitantes a sumarse.

O Campo das Cabazas acollerá antes do arranque do veterano certame hípico esta iniciativa lúdica, destinada a dar a coñecer aos máis pequenos das casa, e tamén aos adolescentes, cuestións relativas ao medio mariño, a súa protección ambiental, e o aproveitamento dos seu produtos.

De 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas, os nenos e nenas, a partir de 3 anos, poderán apuntarse en obradoiros de plástica e de cociña, con contidos adaptados ás idades. Cos primeiros buscarase poñer en valor a  biodiversidade dos nosos océanos, e dar a coñecer a actividade pesqueira. Nos segundos, descubrirán a variedade do produtos do mar, con especial atención ás algas, a os beneficios de incorporalos á dieta, aprendendo ademais a preparar snacks.

A xornada “Mar de fóra”, impulsada co apoio da Xunta e cofinanciada pola Unión Europea, brindará tamén a oportunidade de participar en charlas de temática ambiental e de gozar da zona de inchables, e de xogos dirixidos ao aire libre.

A xornada completa as propostas temáticas sobre o mar que, organizadas este ano por Equiocio Ferrol, arrancaban a pasada semana cunha xincana infantil no Peixería de Ucha, no Mercado da Magdalena.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *