Equiocio Ferrol volve poñerse ao servizo das entidades sociosanitarias de Ferrolterra

As entidades sociosanitarias de Ferrolterra volverán ser claves na programación de Equiocio Ferrol, que terá lugar en Covas, do 3 ao 6 de agosto. O certame hípico e de lecer familiar reforza os seus contidos sociais, poñéndose un ano máis ao servizo das entidades para mostrar e impulsar o traballo que estas desenvolven na comarca. …

Equiocio Ferrol contará do 3 ao 6 de agosto cun mercado de marcas galegas sostibles

Equiocio Ferrol, que se desenvolverá no Campo de As Cabazas do 3 ao 6 de agosto, reforzará a súa aposta pola sostibilidade creando un mercado de firmas artesanais e verdes. Unha iniciativa que busca apoiar a pequenos produtores galegos, fomentado o respecto e coidado do medio ambiente. O zoco, bautizado como Ecomarket, reforzará ademais o …

Equiocio Ferrol oferta 40 bautismos de surf gratuítos para persoas usuarias do Carné Xove

Equiocio Ferrol volverá promocionar o Carné Xove na edición que arranca o vindeiro 3 de agosto en Covas. Os usuarios e usuarias desta tarxeta- galegos/as de entre 12 e 30 anos- poderán acceder a regalos directos no certame, descontos en actividades e propostas exclusivas. É o caso dos bautismos de surf, que se ofertarán dende …

Equiocio Ferrol pon o foco na importancia do benestar animal co seu Festival de mascotas e con talleres de coidados caninos

Equiocio Ferrol porá o acento este ano na importancia do benestar animal. Un obxectivo que suporá medidas no referente á competición hípica e que inspirará actividades ao longo da súa programación. Nesta liña, convoca unha nova edición do Festival de mascotas e, en paralelo, anuncia a organización de obradoiros relativos ao coidado dos cans que, …

Equiocio Ferrol disporá dun Punto violeta para sensibilizar contra a violencia de xénero

Equiocio Ferrol contará este ano con Punto Violeta. Da man do Patronato Concepción Arenal, o certame hípico e de lecer familiar, que se celebrará no Campo das Cabazas do 3 ao 6 de agosto, disporá dun espazo que ofrecerá permanentemente información ao público sobre temas de igualdade de xénero, ademais de orientar e acompañar ás …

Gadis renova a alianza con Equiocio Ferrol e patrocinará a súa programación de lecer infantil

Gadis referenda o seu compromiso con Equiocio Ferrol 2023. A firma volverá ser un dos principais patrocinadores do certame hípico e de lecer familiar, que se celebra en Covas do 3 ao 6 de agosto, achegando ademais o groso da programación destinada ao público infantil. Unha oferta que apostará por fomentar a diversión dos máis …

Sogama continuará promovendo a reciclaxe na nova edición de Equiocio Ferrol 2023

Do mesmo xeito que veu facendo durante os últimos anos, a Sociedade Galega do Medio Ambiente colaborará na edición de Equiocio Ferrol 2023, que terá lugar do 3 ao 6 de agosto, en Covas-Ferrol, e farao promovendo a reciclaxe, un dos seus principais acenos de identidade. Con tal fin, patrocinará o programa “Reciclaxe Creativa”, que …

Entidades sociosanitarias de Ferrolterra protagonizan en Covas a plantación das especies ornamentais que encherán de cor Equiocio Ferrol 2023

Representantes de oito entidades sociosanitarias de Ferrolterra participaban este mañá na plantación organizada por Equiocio Ferrol no Campo das Cabazas, escenario entre o 3 e o 6 de agosto da nova edición do certame hípico e de lecer familiar. A proposta, destinada a embelecer o espazo natural, constitúe o punto e final do obradoiro de …

Activadas as inscricións nas probas do Concurso de Saltos Territorial Equiocio Ferrol 2023

Equiocio Ferrol vén de abrir o prazo de inscricións do Concurso de Saltos Territorial, que se disputará no campo das Cabazas en paralelo ao “CSN*** Cidade de Ferrol”, entre o 4 e o 6 de agosto. Contémplanse como probas complementarias sobre alturas de 0,80 metros, 1 metro e 1,10 metros. Apuntan dende a organización que …

Equiocio Ferrol abre a inscrición para a súa ruta cicloturística e para a xincana infantil de BTT

Equiocio reafirma a súa aposta pola promoción da contorna de Covas e Esmelle como escenario para a práctica deportiva en contacto coa natureza. E así, un ano máis, deixa oco na súa programación á BTT, cunha dobre cita xa tradicional: a xincana infantil e a ruta cicloturística ao atardecer. A organización abre a inscrición para …