Equiocio impulsa un encontro entre os eventos de maior tirón turístico de Ferrol

Equiocio poñía en marcha esta tarde a súa 31 edición coa vontade de converterse máis que nunca no gran punto de encontro de Ferrol. É un espazo de confluencia para o mundo da hípica, para as asociacións sociosanitarias e culturais que traballan na comarca e desde agora tamén para os eventos e celebracións máis arraigadas …

Equiocio arranca este xoves cunha xornada protagonizada polos nenos e as mascotas

En marcha os últimos preparativos en Covas (Ferrol) para o arranque este xoves de Equiocio 2022. Tras dous anos marcados pola covid, o certame de hípica e de lecer prepárase para vivir do 4 ao 7 de agosto unha edición sen restricións, cunha aposta clara por reforzar a súa vertente de ocio e as súas …

Máis de 250 xinetes e amazonas competirán na edición máis sostible e inclusiva de Equiocio

Conta atrás para o arranque da 31 edición de Equiocio. Máis de 250 xinetes e amazonas participarán nas competicións de salto do certame, todo un referente da hípica en Galicia que soubo reinventarse e adaptarse aos tempos. A cita ecuestre e de lecer familiar regresa do 4 ao 7 de agosto ao Campo das Cabazas-Covas, …

Equiocio convida a persoas con diferentes capacidades a desfrutar do mundo equino

Equiocio pon en marcha un novo programa de lecer inclusivo co cabalo como protagonista e cos usuarios e usuarias de diferentes entidades do ámbito sociosanitario como destinatarios/as. Entre elas, AFAL Ferrolterra, Affinor, ASCM, Asotrame, Aspanaes e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. O obxectivo é proporcionarlles unha actividade motivadora e de disfrute ligada ao cabalo, …

Entidades sociais protagonizan unha nova plantación no Campo das Cabazas

Equiocio daba continuidade esta mañá ao seu calendario 2022 cunha acción na que, unha vez máis, compromiso social e medio ambiente déronse a man. Así, celebraba unha xornada de plantación coa que avanzaba na recuperación e posta en valor do espazo que en Covas (Ferrol) lle serve de escenario á competición hípica. Un lugar de …

A Xunta pon en valor as terapias ecuestres para mellorar a calidade de vida das persoas con autismo

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá o antigo centro ecuestre La Finca, en Mandiá (Ferrol), para coñecer o programa Lecer inclusivo, que promove Equiocio. Nesta xornada a iniciativa contou coa participación de persoas usuarias de Aspanaes. Outras catro entidades sociais de Ferrolterra sumaranse ao proxecto. A través deste …