Equiocio Ferrol disporá dun Punto violeta para sensibilizar contra a violencia de xénero

Equiocio Ferrol contará este ano con Punto Violeta. Da man do Patronato Concepción Arenal, o certame hípico e de lecer familiar, que se celebrará no Campo das Cabazas do 3 ao 6 de agosto, disporá dun espazo que ofrecerá permanentemente información ao público sobre temas de igualdade de xénero, ademais de orientar e acompañar ás …

Entidades sociosanitarias de Ferrolterra protagonizan en Covas a plantación das especies ornamentais que encherán de cor Equiocio Ferrol 2023

Representantes de oito entidades sociosanitarias de Ferrolterra participaban este mañá na plantación organizada por Equiocio Ferrol no Campo das Cabazas, escenario entre o 3 e o 6 de agosto da nova edición do certame hípico e de lecer familiar. A proposta, destinada a embelecer o espazo natural, constitúe o punto e final do obradoiro de …

Equiocio e Patronato Concepción Arenal únense para mellorar as posibilidades de inserción laboral de inmigrantes en risco de exclusión

Equiocio Ferrol e Patronato Concepción Arenal volven traballar conxuntamente para mellorar as posibilidades de inserción laboral de persoas inmigrantes en risco de exclusión social e, ao tempo, afondar na liña sostible que segue o certame hípico e de lecer familiar, que se celebra en Covas do 3 ao 6 de agosto. Ambas entidades promoven o …

Representantes das entidades de Equiocio Social participan nunha sesión de sonoterapia

Traballadores e directivas dalgunhas das entidades que integran Equiocio Social tomaron parte esta semana nunha sesión de sonoterapia impartida por Ana Pérez Lago. A directora de Equiocio amosou nesta actividade a súa faceta profesional como sonoterapeuta, a súa auténtica vocación, na que se iniciaba hai anos da man de Jacomina Kistemaker, investigadora, terapeuta e profesora …

As entidades que integran Equiocio Social únense ao redor do Camiño Inglés

Por segundo ano consecutivo, algunhas das preto de  vinte asociacións do ámbito sociosanitario que integran Equiocio Social uníronse  ao redor do Camiño Inglés, e completaron un treito da primeira etapa da ruta  xacobea. Usuarios e usuarias, traballadores e traballadoras, directivas e  voluntarios e voluntarias de Affinor, Afal Ferrolterra, Aspanaes ASCM, Saúde  Mental Ferrol, Eume e …

Usuarios de Saúde Mental convertéronse en mestres dos obradoiros de plantación dos que sairán as flores de Equiocio

Co obxectivo de que a contorna natural das Cabazas luza como nunca do 3 ao 6 de agosto, Equiocio impulsou esta mañá, da man de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, un obradoiro práctico de viveirismo do que sairán as plantas ornamentais que adornarán este ano a contorna natural onde se celebra o certame hípico …

Ampla participación das entidades sociosanitarias de Ferrolterra na primeira saída de «En ruta con Equiocio»

Equiocio inauguraba esta mañá o calendario do programa “En Ruta con Equiocio” co que, dende hai catro anos, busca dar a coñecer o territorio e promocionar hábitos saudables a través do exercicio físico. Un total de 72 persoas tomaban parte neste primeiro percorrido á mina de ouro de Covas. Entre eles, contouse coa presenza de …

Entidades sociais de Ferrolterra protagonizan a limpeza do río Xunto impulsada por Equiocio Social

Voluntarias e voluntarios de distintas entidades sociais e sociosanitarias de Ferrolterra colaboraron, man con man, esta mañá na limpeza do río Xunto, en Esmelle. Unha proposta de Equiocio Social incluída na campaña nacional “1 m2 polos ríos, lagos e encoros”, que impulsa o proxecto Libera de SEO BirdLife en alianza con Ecoembes. A pesar da …

Equiocio activa este sábado o seu programa de actividades coa limpeza en Esmelle do río Xunto

Equiocio pon en marcha este sábado o seu programa anual de actividades. E faino sumándose por primeira vez á campaña “1 m2 polos ríos, lagos e encoros”, que impulsa o proxecto Libera de SEO BirdLife en alianza con Ecoembes. Dentro desta convocatoria, que inclúe accións simultáneas en toda España, o certame hípico e de lecer …

Equiocio consolídase como evento multiexperiencia para o público infantil

Equiocio está a ser nesta edición máis que nunca un espazo pensado para o desfrute de todos e cada un dos membros da familia. O certame fixo desta volta unha aposta especial pola programación infantil e por favorecer a conciliación, con propostas destinadas a enriquecer a experiencia dos cativos durante a visita, e facilitar que …