Equiocio Ferrol incide no seu arranque no compromiso ambiental e o benestar animal

O tempo axudou, e Equiocio Ferrol 2023 arrincou cunha animada tarde de lecer familiar. Unha primeira toma de contacto coa programación do evento, que foi toda unha declaración de intencións. Cobran protagonismo as actividades sostibles, consolídase a oferta de deporte na natureza e ponse o acento no benestar animal. A inauguración oficial, a cargo do …

Equiocio Ferrol converte a gastronomía nun novo reclamo do certame

Equiocio Ferrol reforza a súa área gastronómica, ampliando a oferta para dar resposta tamén á demanda dun público que vai en aumento e que aposta pola alimentación vegana, así como a das persoas celíacas. A organización, que contará por segundo ano consecutivo coas degustacións de “Galicia sabe amar”, busca converter a cociña nun reclamo máis …

Un mercado sostible, o festival de mascotas e a BTT abren este xoves o Equiocio Ferrol máis multidisciplinar

No Campo das Cabazas, en Covas, apúranse, os preparativos para o inicio este xoves da 32 edición de Equiocio Ferrol. O certame hípico e de lecer, arrincará, como vén sendo habitual, cunha tarde de actividades para toda a familia en contacto coa natureza. Unha aposta por mostrar o enfoque claramente multidisciplinar do evento. Na xornada …

Equiocio Ferrol volve a Covas do 3 ao 6 de agosto coa edición máis potente a nivel deportivo da última década

Coa conta atrás activada para o arranque este xoves de Equiocio Ferrol, esta maña presentábase a 32 edición do certame hípico e de lecer. Unha entrega que promete ser a mellor da última década dende o punto de vista deportivo. A cita, que se desenvolverá do 3 ao 6 de agosto en Covas, limita o …

Equiocio Ferrol, Asociación Chelonia e Coca-Cola promoven unha xornada formativa e de limpeza ambiental no Campo das Cabazas

Coa vista posta no día despois de Equiocio Ferrol, a organización do certame, en colaboración con, Asociación Chelonia e Coca-Cola, a través da súa iniciativa “Mares Circulares”, organizará, por segundo ano consecutivo, unha xornada formativa e de limpeza de residuos no Campo das Cabazas-Covas (Ferrol). A proposta, aberta ao conxunto da cidadanía, pretende devolver á …

Equiocio Ferrol promocionará o Xeodestino Ferrolterra- Rías Altas

Equiocio Ferrol desenvolverá, en colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, unha campaña destinada a promocionar o Xeodestino Ferrolterra- Rías Altas entre as amazonas e xinetes que competirán nos seus concursos hípicos. A iniciativa centrarase no turismo familiar e no surf. Os deportistas procedentes de distintos puntos de Galicia, do resto de España …

Equiocio Ferrol volve poñerse ao servizo das entidades sociosanitarias de Ferrolterra

As entidades sociosanitarias de Ferrolterra volverán ser claves na programación de Equiocio Ferrol, que terá lugar en Covas, do 3 ao 6 de agosto. O certame hípico e de lecer familiar reforza os seus contidos sociais, poñéndose un ano máis ao servizo das entidades para mostrar e impulsar o traballo que estas desenvolven na comarca. …

Equiocio Ferrol contará do 3 ao 6 de agosto cun mercado de marcas galegas sostibles

Equiocio Ferrol, que se desenvolverá no Campo de As Cabazas do 3 ao 6 de agosto, reforzará a súa aposta pola sostibilidade creando un mercado de firmas artesanais e verdes. Unha iniciativa que busca apoiar a pequenos produtores galegos, fomentado o respecto e coidado do medio ambiente. O zoco, bautizado como Ecomarket, reforzará ademais o …

Equiocio Ferrol oferta 40 bautismos de surf gratuítos para persoas usuarias do Carné Xove

Equiocio Ferrol volverá promocionar o Carné Xove na edición que arranca o vindeiro 3 de agosto en Covas. Os usuarios e usuarias desta tarxeta- galegos/as de entre 12 e 30 anos- poderán acceder a regalos directos no certame, descontos en actividades e propostas exclusivas. É o caso dos bautismos de surf, que se ofertarán dende …