Vitoria para o luso Ivo Carvalho na primeira proba grande de Equiocio Ferrol 2024

Primeira xornada de competición hípica en Equiocio Ferrol 2024. O portugués Ivo Carvalho impúxose na proba grande, sobre unha altura de 1,35 m. Fíxoo a lombos de “Gaiato C”, cabalo co que se proclamou vencedor do Gran Premio Cidade de Ferrol o pasado ano. O xinete luso anotouse ademais a vitoria en 1,30 metros, esta …

Equiocio Ferrol 2024 reivindícase como gran escaparate para a promoción do mellor de Galicia

“Un evento deportivo único, que ensalza o mellor que temos en Galicia”. Así presentaba o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, “Equiocio Ferrol”. O responsable autonómico presidía este mediodía a inauguración oficial dun certame de referencia no plano deportivo que, ao longo das súas 33 edicións, se ten convertido nun escaparate único para o destino Ferrolterra-Rías …

Equiocio Ferrol 2024 colle impulso este venres co inicio das competicións hípicas

Equiocio Ferrol prepárase para vivir os seus días grandes co arranque das competicións hípicas. Dende este venres, xornada da inauguración oficial, e ata o domingo, a pista central do certame será un auténtico non parar. En total, preto de 300 xinetes e amazonas confirmaron participación nos diferentes concursos de salto que se disputan en Covas. …

Equiocio Ferrol arranca este xoves cunha tarde chea de propostas para o lecer en familia

Conta atrás para o inicio de Equiocio Ferrol 2024, que se celebra en Covas do 1 ao 4 de agosto. A programación deste xoves, xornada previa ao arranque das competicións hípicas, estará, un ano máis, destinada ao lecer en familia, coa ruta cicloturística de btt ao atardecer, e o festival de mascotas como principais bazas. …

A Xunta habilita catro servizos directos de autobús para facilitar os desprazamentos a Equiocio Ferrol

A Xunta porá en marcha unha liña directa de autobús con catro servizos especiais para facilitar os desprazamentos dende o centro de Ferrol ata Equiocio co obxectivo de garantir así unha accesibilidade óptima ao Campo das Cabazas e fomentar o uso de transporte público. En detalle, os novos servizos serán dous de ida e dous …

Preto de 300 xinetes e amazonas compiten nos diferentes concursos de salto de Equiocio Ferrol

Todo a punto en Covas para a celebración de Equiocio Ferrol. A organización presentaba esta mañá a 33 edición do certame de hípica e lecer familiar, que se celebra do 1 ao 4 de agosto no Campo das Cabazas. Máis de 280 xinetes e amazonas de España e Portugal mediranse nos diferentes concursos de salto, …

“Mar de fóra” chega este mércores a Covas con obradoiros e xogos infantís sobre o medio mariño

Equiocio Ferrol e a Consellería do Mar organizan este mércores en Covas a iniciativa “Mar de fóra”. Trátase dunha xornada de convivencia e actividades ao redor do mundo do mar, cunha morea de obradoiros, xogos ao aire libre e breves charlas. Unha oferta gratuíta de lecer e aprendizaxe activo, dirixida ao público infantil e familiar. …

Preto dunha trintena de persoas tomaron parte nos bautismos de paddle surf organizados por Equiocio Ferrol

Preto dunha trintena de persoas tomaron parte, nos últimos días, nos bautismos de paddle surf gratuítos organizados por Equiocio Ferrol no marco do calendario previo ao certame, que se celebrará do 1 ao 4 de agosto en Covas. Segundo explicaba esta mañá o director deportivo de Equiocio Ferrol, Federico Pérez Lago, a organización volve apostar …