A Xunta habilita catro servizos directos de autobús para facilitar os desprazamentos a Equiocio Ferrol

A Xunta porá en marcha unha liña directa de autobús con catro servizos especiais para facilitar os desprazamentos dende o centro de Ferrol ata Equiocio co obxectivo de garantir así unha accesibilidade óptima ao Campo das Cabazas e fomentar o uso de transporte público.

En detalle, os novos servizos serán dous de ida e dous de volta cada día. Os servizos de ida partirán de Praza de Galicia ás 10 e ás 15.30 horas, chegando á Pedreira (Covas) ás 10.30 e ás 16 horas, respectivamente. Pola súa banda, os servizos de volta sairán de Pedreira ás 16 e 21 horas, con chegada prevista á Praza de Galicia ás 16,30 e 21.30 horas.

Esta actuación da Xunta non só dará resposta ás necesidades de mobilidade dos asistentes ao Equiocio Ferrol 2024, senón que, unha vez máis, contribuirá á redución do tráfico nas estradas, favorecendo un transporte máis seguro e sostible, Deste xeito, o Goberno galego reafirma o seu compromiso coa seguridade viaria e a protección do medio ambiente.

As persoas usuarias poderán desfrutar dun evento que abrangue dende competicións ecuestres ata exhibicións e actividades de lecer para todas as idades sen preocuparse polos desprazamentos cun modo de transporte cómodo e eficiente como é o autobús.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *