Equiocio Ferrol reservará este ano un espazo destacado para o III EcoMarket. Do xoves 31 de xullo ao domingo 3 de agosto, reunirá a unha decena de firmas de moi variados sectores pero idéntica filosofía, a súa aposta pola sostibilidade nos seus procesos de elaboración, distribución e venda. Cunha presenza maioritaria de marcas da zona, o público poderá atopar roupa e complementos, bixutería e un amplo abano de elementos de decoración, así como alimentación -marmeladas e queixos-.
Durante os catro días do certame, os postos abrirán de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas, e nesas xornadas algúns dos artesáns convidarán ao público a participar en obradoiros gratuítos onde amosarán as súas técnicas.
Estas son as marcas que estarán presentes en Equiocio Ferrol 2025:
–THREE HILLS: Roupa orgánica (camisetas, sudadeiras e mochilas de algodón reciclado) con serigrafía artesanal con pigmentos vexetais e etiquetado con sementes plantables.
–El Pete de Danny: Amigurumis, bonequiños de la enfocados a un público infantil.
–A Linda Landra: Pendentes, pulseiras, pulseiras para o nocello, colares e artigos de decoración en sementes e minerais.
–Quesería Gaia Gourmets: Queixos de cabra 100% naturais cremosos.
–Lughna Studio: Produtos de madeira cortados con láser.
–As Cousiñas de Li: Bixutería antiga.
–Marmeladas As Coruxas: Obrador de marmeladas artesanais naturais elaboradas con froitas de KM 0.
–Sintonía creamos con alma: Artesanías en aceiro inoxidable e aceiro dourado.
–Halyzya sen dedal:Costura, xoguetes en fieltro, estampado de camisetas, corte e gravado láser e bixutería en tea e resina
Horarios dos obradoiros do xoves 31 de xullo ao domingo 3 de agosto:
- De 12:00 a 13:00 horas: Taller de elaboración de pratos con marmeladas, tostas, vinagretas e salsas a cargo de Marmeladas As Coruxas.
- De 13:00 a 14:00 horas: Taller de pintado, montaxe e acabado de figuras multicapa de madeira a cargo de Lughna Studio.
- De 16:00 a 17:00 horas: Taller de montaxe de bixutería para público infantil con As Cousiñas de Li.
- De 17:00 a 18:00 horas: Taller de pendentes de retais a cargo de Halyzya sen dedal-
- De 18:00 a 19:00 horas: Taller de chaveiros para mozos/as e persoas adultas a cargo de Sintonía creamos con alma.
A inscrición debe rexistrarse nos postos correspondentes, encargándose estes de asignar as prazas por orde de solicitude.

donde se realiza la feria?lugar exacto por favor
Campo das Cabazas, en Covas (Ferrol)