Preto de 300 xinetes e amazonas compiten nos diferentes concursos de salto de Equiocio Ferrol

Todo a punto en Covas para a celebración de Equiocio Ferrol. A organización presentaba esta mañá a 33 edición do certame de hípica e lecer familiar, que se celebra do 1 ao 4 de agosto no Campo das Cabazas. Máis de 280 xinetes e amazonas de España e Portugal mediranse nos diferentes concursos de salto, …

“Mar de fóra” chega este mércores a Covas con obradoiros e xogos infantís sobre o medio mariño

Equiocio Ferrol e a Consellería do Mar organizan este mércores en Covas a iniciativa “Mar de fóra”. Trátase dunha xornada de convivencia e actividades ao redor do mundo do mar, cunha morea de obradoiros, xogos ao aire libre e breves charlas. Unha oferta gratuíta de lecer e aprendizaxe activo, dirixida ao público infantil e familiar. …

Preto dunha trintena de persoas tomaron parte nos bautismos de paddle surf organizados por Equiocio Ferrol

Preto dunha trintena de persoas tomaron parte, nos últimos días, nos bautismos de paddle surf gratuítos organizados por Equiocio Ferrol no marco do calendario previo ao certame, que se celebrará do 1 ao 4 de agosto en Covas. Segundo explicaba esta mañá o director deportivo de Equiocio Ferrol, Federico Pérez Lago, a organización volve apostar …

“GALICIA SABE AMAR” levará os mellores sabores dos produtos do noso mar a Equiocio Ferrol con dez catas

A gastronomía volverá ser capital na oferta complementaria de Equiocio Ferrol. O certame hípico e de lecer familiar volverá contar, a través das degustacións gratuítas da campaña GALICIA SABE AMAR con profesionais do sector para pór en valor a calidade e variedade dos produtos do mar galegos. Dada a boa acollida da iniciativa, a Consellería …

Concertos de Malditos pendejos, Quentada e Deus para animar as noites de Equiocio Ferrol

A oferta de lecer de Equiocio Ferrol, que se celebra do 1 ao 4 de agosto, incorpora, un ano máis, concertos nos seus días fortes. A organización aposta por estirar a actividade no Campo das Cabazas ata preto da media noite dando protagonismo a bandas locais. O rock de Malditos pendejos quecerá a noite do …

Equiocio Ferrol convida a descubrir a flora da contorna máis inmediata ao Campo das Cabazas a través dunha ruta guiada

Baixo o lema “Custodiando o entorno”, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e a Sociedade Galega de Historia Natural organizarán unha saída medio ambiental pola contorna máis próxima ao Campo das Cabazas para descubrir a flora deste espazo natural, que conta con varias poboacións de camariñas, unha planta arbustiva que a entidade ecolóxica ten solicitado …

Equiocio Ferrol difunde a cultura mariñeira entre os máis pequenos da casa cos seus talleres Peixiños na Pescadería de Ucha

Co ánimo de divulgar e poñer en valor a nosa cultura mariñeira entre os máis pequenos e pequenas da casa, Equiocio Ferrol levaba a cabo esta mañá os obradoiros de lecer didáctico “Peixiños” na Pescadería de Ucha, na cidade naval. Guiados por Espacio Vivo, nos mesmos participaban nenos e nenas de entre 6 e 12 …

Equiocio Ferrol, Asociación Chelonia e Coca Cola impulsarán un ano máis unha acción formativa e de limpeza no Campo das Cabazas

Equiocio Ferrol, Asociación Chelonia e Coca-Cola, a través da súa iniciativa Mares Circulares, volven unir forzas, e tras a celebración do certame, impulsarán unha nova xornada formativa e de limpeza de residuos no Campo das Cabazas-Covas. Estará aberta á cidadanía, que deberá inscribirse previamente -e ata o 2 de agosto- a través do correo fplago@equiocio.es …

Equiocio Ferrol promocionará as citas culturais e agrupacións musicais senlleiras da cidade

Equiocio Ferrol volve poñerse na súa 33 edición, que se celebra do 1 ao 4 de agosto, en Covas, ao servizo da marca Ferrol. O certame contribuirá á promoción de eventos que poñen no mapa á cidade, así como de agrupacións musicais emblemáticas. Ademais de ter un espazo reservado para a exposición, varias agrupacións senlleiras …