Pilar Varela, nomeada madriña de honor do certame

A xornalista Pilar Varela convértese na madriña de honor da edición 35 aniversario de Equiocio Ferrol, recuperando unha tradición. O acto de nomeamento, presidido pola directora do evento, Ana Pérez Lago, desenvolvíase durante esta tarde nun descanso da proba de 0.80 m. Con esta merecida distinción, a organización recoñece o traballo e apoio brindado por esta profesional do mundo da radio e da televisión ao evento.

A que foi durante anos directora do programa Protagonistas Galicia definiuse na súa intervención a pé de pista, acompañada por familiares e amizades, como “unha muller con estrela” e agradeceu emocionada o nomeamento que dedicou aos seus netos Leo e Noa, aos que impuxo as súas respectivas escarapelas.  

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *