Entidades sociosanitarias colaboran na limpeza do río Xunto impulsada por Equiocio Ferrol

O calendario de Equiocio Ferrol previo ao certame continuaba esta mañá cunha acción medioambiental na desembocadura do río Xunto na praia de Esmelle. Na súa aposta pola sostibilidade, entidades do ámbito sociosanitario de Ferrolterra participaban nunha recollida de refugallos nesta zona natural de especial relevancia, moi próxima ao Campo das Cabazas que, cada ano, acolle o evento.

Equiocio Ferrol retomaba así a súa participación na iniciativa “1m2 contra la basuraleza”, do proxecto Libera, que impulsan en toda España Ecoembes e SEO Birdlife. Voluntarios/as, equipos e usuarios/as da Asociación ASCM, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e Návitas protagonizaban a acción, coa que se quixo poñer o foco de atención sobre a contaminación ambiental, e ao mesmo tempo, unir forzas para reverter esta situación.

Equiocio Ferrol volverá contar neste 2025 co apoio do Concello de Ferrol, a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e de grandes firmas galegas como Gadis e Estrella Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *